A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) presentaron o 14 de outubro a campaña O galego, o noso medio natural. Na presentación estiveron presentes Xosé Henrique Costas, vicerreitor de Extensión Universitaria, Valentina Formoso, voceira da CGENDL, e Serafín Martínez, ciclista rosaleiro do Xacobeo Galicia e estudante da Universidade de Vigo.
A campaña está protagonizada por unha “ecoguía” que inclúe textos de escritores galegos como Uxío Novoneyra, dirixidos a facer reflexionar sobre a importancia da recuperación das especies e do idioma. Repartiranse máis de 4.000 cadernos nos campus e nos centros de ensino non universitario públicos e concertados de Galicia.
Máis información en:
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=3997&Itemid=39
http://www.scribd.com/doc/39377144/Ecolinguismo-O-galego-e-o-noso-medio-natural (texto da ecoguía)
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/nace-ecolinguismo/idEdicion-2010-10-15/idNoticia-600256/
Ningún comentario:
Publicar un comentario