martes, 1 de decembro de 2009

ASAMBLEA XERAL

Aviso de convocatoria da reunión da asamblea xeral ordinaria da asociación, que se levará a cabo ó vindeiro xoves, día TRES de DECEMBRO, as 21:00 horas. Animádevos a participar para aportar ideas de cara a mellorar canto se poida no sistema de educación e formación dos vosos fillos.

mércores, 16 de setembro de 2009

COMUNICACIÓN RECIBIDA DA FEDERACIÓN DE PONTEVEDRA RESPECTO A SEGUROS

LEMBRAMOS A TODAS AS ANPA QUE FANPA-PONTEVEDRA TEN A DISPOSICIÓN DE TODOS OS SEUS SOCIOS/AS UN SEGURO DE RC PARA ANPA XUNTO CUN SEGURO DE ACCIDENTES PARA OS MEMBROS DA XUNTA DIRECTIVA POR 40 € ANUAIS, CON AXA.



TAMÉN UN SEGURO DE ACCIDENTES PARA NENOS/AS POR 6 € ANUAIS, CON ALLIANZ.



SE ESTÁN INTERESADOS/AS SÓ TEÑEN QUE POÑERSE EN CONTACTO CON NÓS. APROVEITAMOS PARA RECORDARLLES AOS QUE XA TEÑEN FEITO O CITADO SEGURO DEBEN MANDAR O NOVO LISTADO DE NENOS/AS A DÍA 1 DE OUTUBRO, SALVO QUE CHE TOQUE A RENOVACIÓN NOUTRA DATA.

martes, 15 de setembro de 2009

luns, 14 de setembro de 2009

XA ESTAMOS AQUÍ (CURSO 2009-2010)






BENVID@S TODOS E TODAS A ESTE NOVO CURSO DO NOSO COLEXIO.
DENDE A ANPA. QUEREMOS SUMARNOS A BENVIDA DE TÓDOLOS ALUMNOS E AMOSAR A NOSA DISPOSICIÓN CARA A COMUNIDADE EDUCATIVA PARA UN MELLOR APROBEITAMENTO DAS OPORTUNIDADES QUE NOS DEPARA ESTE NOVO PERIÓDO.
¡GRACIÑAS A TODOS POLA VOSA COLABORACION!

A NOSA PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ESTE ANO E A SEGUINTE:
INTRODUCIÓN:

Coñecedores da programación xeral anual do CEIP de Agolada, manifestamos a nosa coincidencia na necesidade de desenvolvemento da formación integral do neno, e consideramos que as actividades extraescolares contribúen a este fin.
Así mesmo, tendo en conta que unha das peculiaridades do medio no que está inmerso o colexio e a dispersión da poboación, a realización de actividades extraescolares dentro do horario escolar (no descanso de despois de xantar), pode axudar a paliar as desvantaxes que supón esta característica.


OBXECTIVOS XERAIS:

Os obxectivos que se pretenden acadar coa realización das actividades extraescolares programadas son os recollidos no artigo 5 dos estatutos da ANPA:
Colaborar na labor educativa do Centro de Educación Infantil e Primaria de Agolada e dunha maneira especial nas actividades extraescolares.
Orientar e estimular ao pais e nais de alumnos do Centro de Educación Infantil e Primaria de Agolada respecto ás obrigas que lle incumben en relación coa educación dos seus fillos.
Fomentar as relacións de cooperación do Centro de Educación Infantil e Primaria de Agolada con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do entorno.
Promover actividades formativas culturais e estudios.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:

a) CURSO DE PINTURA:

Destinado a nenos/as de 3 anos en adiante
Duración do curso: unha hora semanal de outubro a maio
Responsable: ANPA
Repercusión económica: ANPA
Lugar: instalacións do centro escolar
Obxectivos:
- Iniciación á cor:
· Iniciar o neno/a no uso de técnicas básicas da cor, as cores primarias, secundarias e complementarias.
· Aprender a mesturar materiais oleosos e acuosos mediante o uso de ceras e acuarelas.
· Iniciar o neno/a en técnicas mixtas con distintos materiais.
- Técnicas de debuxo.
· Iniciar ao neno no uso de esquemas
· Composicións
· Proporcións áuricas
· Procedementos abstractos
· Debuxo de copia.

b) CURSO DE BAILE MODERNO

Destinado a nenos/as de 4 anos en adiante.
Duración do curso: unha hora semanal de outubro a maio
Responsable: ANPA
Repercusión económica: ANPA
Lugar: instalacións do Centro Escolar
Obxectivos:
- Axudar a desenvolver as habilidades motrices e rítmicas.
- Favorecer a integración dos nenos/as en actividades colectivas non lectivas.
- Coñecer a historia das diferentes manifestacións da nosa cultura folclórica reflectida nos diferentes xeitos de bailar na nosa comunidade autónoma.


c) CURSO DE INFORMÁTICA

Destinado a nenos/as de 6 anos en adiante
Duración do curso: dúas horas semanais de outubro a maio
Responsable: ANPA
Repercusión económica: ANPA
Lugar: Centro escolar
Obxectivos:
- Manexar con soltura as opción dos programas que se van a desenvolver no Curso.
Programa:
o 1ª fase: Sistema operativo: WINDOWS9X/Me/2000/XP. procesador de textos: Word
o 2ª fase: Folla de Cálculo: Excel. Presentacións: Powerpoint. Publicacións: Publisher. Base de datos: Access.



d) CURSO DE NATACIÓN

Destinado a nenos/as de 5 anos en adiante.
Duración do curso: unha hora semanal de outubro a xuño.
Responsable: ANPA
Lugar: Piscinas municipais de Melide.
1º Nivel.
Obxectivos:
- Coñecemento do corpo en contacto coa auga.
- Adaptación da respiración ao medio acuático.
- Desprazamentos simples na auga.
Contidos:
- Coñecemento das sensacións.
- Desprazarse de modo sinxelo na auga.
- Coñecemento das fases respiratorias.
- Introducción da cabeza.
- Apnea respiratoria
- Expiracións dentro da auga
- Flotación ventral con axuda (boca abaixo) e flotación dorsal.
- Pataleo simple no bordillo (sentados)
- Movemento de pernas simple en posición ventral con axuda.
- Desprazamentos simples con axuda, posición ventral. Atopar a posición horizontal.

Avaliación:
- Piscina pouco profunda.
1ª proba: Desprazarse pola auga con familiarización e salpicando aos compañeiros.
2ª proba: Flotación ventral con material auxiliar.
3ª proba: Flotación dorsal con material auxiliar.
4ª proba: Recoller 5 aros do fondo mergullando a cabeza.
5ª proba: Mergullar a cabeza contendo 5 segundos a respiración.
6ª proba: Lanzarse polo tobogán.
2º Nivel.
Obxectivos:
- Coñecemento do corpo en contacto coa auga.
- Adaptación da respiración ao medio acuático.
- Desprazamentos simples na auga.
Contidos:
- Coñecemento dos ritmos respiratorios.
- Dominio das diferentes flotacións.
- Propulsións horizontais e verticais básicas.
- Flotación ventral libre.
- Flotación dorsal con apoios
- Flotación agrupada.
- Pés Crol + Brazos alternos. Respiración libre.
- Pés espalda + 1 brazo..
- Desprazamento ventral con táboa
- Salto de pé no bordillo
Avaliación:
- Piscina pouco profunda.
1ª proba: Realizar 10 respiracións
2ª proba: Flotación dorsal, ventral e medusa.
3ª proba: Recoller 5 aros do fondo realizando apneas
Piscina profunda:
4ª proba: 25 metros pés crol con vermiño
5ª proba: 25 metros pés espalda con vermiño.
6ª proba: 25 metros nadas a crol, pés e brazos. Respiración libre. Con táboa.


e) BARRO

Destinado a nenos/as de 3 anos en adiante
Duración do curso: unha hora semanal de outubro a maio
Responsable: ANPA
Repercusión económica: ANPA
Lugar: instalacións do centro escolar
Obxectivos:
- Axudar a desenvolver as habilidades relacionadas coa manipulación do barro.
- Favorecer a integración dos nenos/as en actividades colectivas non lectivas.

- Iniciación ao barro:
· Iniciar o neno/a no uso de técnicas básicas do barro.
· Aprender a mesturar materiais.
· Iniciar o neno/a en técnicas mixtas con distintos materiais.



EXCURSIÓNS:

Dentro do apartado de actuacións lúdico culturais que a asociación desenrola, teñen lugar destacado as excursións que se organizan e nas que prevalecen as visitas a lugares de especiais encamiñadas a mostrarlle a colectividade infantil a mais rica e variada mostra da tradición étnica do noso pobo. Así salientamos a visitas a museos e fundacións etnográficos, zoolóxicos, casa de ciencias, acuarios, vistas de panorámicas submarinas, e todo isto aliñado con estadías de lecer en sitios especialmente agarimosos para a vista e os demais sentidos, onde os nenos disfrutan todos xuntos das marabillas do país.