Un dos galardóns da Real Academia Galega de Ciencias recaeu sobre a investigación do equipo do catedrático Jorge Mira, do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que prognostica que en 2025 a metade da poboación de Galicia será bilingüe, algo máis do 30% será monolingüe en castelán e o 15% falará só en galego.
Máis información en:
http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1018471
INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
martes, 13 de decembro de 2011
A Rede de Dinamización Lingüística crea un seminario de formación para impulsar pautas comúns no fomento do galego
A Rede de Dinamización Lingüística dá novos pasos para avanzar na extensión social do galego desde o ámbito local. Con este fin, pon en marcha un seminario de formación específica en dinamización do galego dirixido á representación técnica das entidades adheridas á Rede.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/2066
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/2066
O programa de galego do Bierzo cumpre 10 anos con preto de mil alumnos
O programa de ensino do galego na comarca do Bierzo acaba de cumprir dez anos, e coincidindo con esta efeméride, desde o colectivo promotor da cultura galega na zona, Fala Ceibe, fixeron un balance que cualifican como positivo.
Máis información en:
http://galiciaconfidencial.com/nova/9095.html
http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/el-programa-de-gallego-cumple-10-anos-con-cerca-de-mil-alumnos_651164.html
Máis información en:
http://galiciaconfidencial.com/nova/9095.html
http://www.diariodeleon.es/noticias/bierzo/el-programa-de-gallego-cumple-10-anos-con-cerca-de-mil-alumnos_651164.html
Cataluña achégase á lingua e á literatura galegas a través da figura de Álvaro Cunqueiro
A celebración do centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981), un dos grandes escritores da literatura galega, chega tamén a Cataluña. Faino a través da Universidade de Barcelona (UB) e do seu Centro de Estudos Galegos, que, para conmemorar esta data e difundir a lingua e a literatura galegas, organizou unha xornada sobre o escritor.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/2062
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/2062
Ultímase a presentación da candidatura do PuntoGal, un dominio de internet para a lingua e a cultura galegas
Nos últimos días representantes da Asociación PuntoGal tiveron unha xuntanza coa secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, para ultimar a presentación da candidatura que persegue un dominio para a lingua e a cultura galegas.
Máis información en:
http://imit.xunta.es/portal/actualidade/novas/2011_12_06.html
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/xunta-puntogal-ultiman-presentacion-da-candidatura-deste-dominio-internet-dia-13-xaneiro/idEdicion-2011-12-06/idNoticia-716912/
http://www.codigocero.com/Ultiman-a-presentacion-da

Ciclo de conferencias sobre o patrimonio musical galego en Compostela
O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela organiza un ciclo de conferencias para difundir o patrimonio musical de Galicia e, en consecuencia, o seu principal vehículo de creación e transmisión: a lingua galega. A música na memoria é o título desta iniciativa, que conta co apoio institucional da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Para dar a coñecer o patrimonio musical galego, o ciclo, que se desenvolverá na sede do conservatorio compostelán, conta con tres profesionais de gran relevancia no estudo da tradición musical de Galicia: Dorothé Schubart, Javier Jurado e Miguel López Fariña. As conferencias son ás 18:00 h, o xoves 15 e luns 19 de decembro de 2011 e mais o luns 13 de febreiro de 2012.
Máis información en:
http://www.edu.xunta.es/web/node/3620
http://centros.edu.xunta.es/cmusprofesionalsantiago/cms/index.php?option=com_content&view=article&id=316:a-musica-na-memoria&catid=138:enl-artigos

Máis de 100 propostas para felicitar o Nadal en galego a través de internet
Máis de 100 propostas para felicitar o Nadal en galego a través de internet. Este é o número de traballos que participan ata o momento no concurso de presentacións electrónicas que ten en marcha a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/2070
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/2070
Unha tradución ao galego gaña por primeira vez o premio da Asociación Española de Estudos Anglo-Norteamericanos
Tiveron que transcorrer 25 anos, o cuarto de século que ten de existencia o galardón, para que a Asociación Española de Estudos Anglo-Norteamericanos (AEDEAN) optase por conceder o Premio Nacional á Mellor Tradución 2011 a unha obra escrita nunha lingua do Estado distinta do español. Esta entidade nunca outorgara o seu premio nacional a unha tradución nunha lingua que non fose o español, unha liña que agora acaba de quebrarse coa concesión do galardón á versión galega do clásico da literatura medieval inglesa Beowulf, realizada polo profesor do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo, e especialista en literatura medieval, Jorge Luis Bueno.
Desde a posta en marcha do Premio Nacional a la Mejor Traducción hai 25 anos, foi preciso que transcorreran varias edicións e un intenso debate no seo da asociación para que as linguas cooficiais do Estado se engadiran ao castelán, que inicialmente era a única contemplada no galardón. Tendo en conta que a cantidade de obras traducidas do inglés ao castelán é moi elevada e que a estas hai que lles sumar as presentadas nas restantes linguas cooficiais do estado, Jorge L. Bueno aclara que “por iso o premio ten moito valor. Sempre pensei que sería unha tradución ao catalán a primeira que gañaría o premio; por iso que a primeira lingua cooficial gañadora sexa o galego, e un clásico traducido do inglés antigo, éncheme de orgullo”.
Máis información en:
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=5460&Itemid=2

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)