Esta segunda feira, 28 de marzo, comeza a XXXIII edición da Semana da Filosofía de Pontevedra, que nesta ocasión analizará a política e o TTIP e que terá lugar no Teatro Principal da cidade.
A Semana da Filosofía, que organiza a Aula Castelao,
comezará coa palestra “Política e vulnerabilidade”, a cargo de María
Xosé Agra Romero, catedrática da USC, que dará paso na xornada da tarde
ao relatorio “O suxeito político e a cuestión nacional”, do filósofo
Francisco Sampedro. Á xornada inaugural poralle fin a intervención
“Soberanías, representación e discurso para unha revolución democrática”
de Antonio Baños, xornalista, escritor e cabeza de lista da CUP nas
últimas eleccións ao Parlament catalán.
Terza feira
Na terza feira, Concha Roldán, do Instituto de Filosofía do CSIC, abordará a palestra “Crise, adelgazamento e deformación dos conceptos ético-políticos” e o economista e colaborador do semanario Sermos Galiza Aleixo Vilas disertará sobre “Consecuencias económicas do rol dependente da Galiza no Estado español no marco da UE”. A continuación, intervirá Ricardo García Zaldívar, cunha palestra que leva por título “Paremos el TTIP”.
Cuarta feira
A cuarta feira comezará coa conferencia “Política en movemento. Movementos sociais e soberanía”, a cargo do profesor Arnau Matas Morell, e continuará coa palestra do xeógrafo Rubén Camilo Lois “A desarticulación da sociedade galega; territorio, migración, destrución do sistema produtivo e dos mecanismos de cobertura social”. Tamén intervirá o xornalista e politólogo Alberto Cruz co relatorio “Eurasia como eixo do século XXI”.
Quinta feira
O papel da esquerda e do seu novo papel abordarase na quinta feira, cando o catedrático de Filosofía Política da Universitat de Barcelona José Manuel Bermudo interveña coa palestra “Definición de esquerda e análise da situación”. Tamén participarán o día 31 a filóloga Helena Miguélez, que falará de “Oito apelidos de rexións escasamente romanizadas: Cultura da Transición e conflito colonial interno no Estado español” e a politóloga Ángeles Diez, autora do relatorio “A mediocracia, a banalización da política e o show electoral”.
Sexta feira
Na derradeira sesión, o día 1 de abril, intervirán Juan García Morán, profesor da Uned, coa súa palestra “Pensar a política emancipatoria despois da postmodernidade” e o economista Xosé Doldán coa palestra “Políticas enerxéticas e ambientais na Galiza: metabolismo socioeconómico e conflitos sociais”. A clausura correrá a cargo da escritora e profesora Laura Mintegi Lakarra, que fora candidata á presidencia de Euskadi por EH Bildu.
Revisión de conceptos fundamentais da política
Mercedes Moreno, coordinadora xeral da Semana, sinalou na presentación da Semana da Filosofía que “os acontecementos dos últimos anos, tanto no noso país, como en Europa, e incluso alén das fronteiras europeas, invitan a revisar os conceptos fundamentais da política desde unha perspectiva independente e multidisciplinar”.
Esta tarefa é a que abordará a nova edición de reflexión filosófica na que tamén se revisarán “conceptos proceden do mundo antigo, de Grecia, que cumpriron xa hai tempo os dous mil anos: política, democracia, liberdade, cidadanía”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario