O goberno galego convocou, após cinco anos, a segunda fase dos programas post-doutorais e exclúe aquelas persoas que facían parte do Plan Incite do bipartito.
"Falan de fichaxes estrelas e esquecen a
canteira". Así resumía un investigador do Plan Incite --creado durante o
goberno bipartito-- o que está a acontecer con arredor de 40
profesionais da investigación que fican excluídos da convocatoria de axudas de apoio á etapa de formación post-doutoral publicadas pola Xunta de Galiza.
Após cinco anos sen convocatoria a orde publicada pola Xunta recolle 55 prazas na modalidade A e 20 na modalidade B. Porén, estabelece entre os seus requerimentos que as persoas que opten á mesma tivesen participado do programa entre 2012 e o 1 de abril de 2016. Este feito exclúe "de facto" aquelas persoas que foran contratadas polo programa de investigación do goberno anterior ao de Núñez Feijóo.
Un progama do bipartito
No concreto trátase dunhas 40 persoas embora seren inicialmente un total de 150. "Moitos marcharon ao extranxeiro", explican en comparecencia de imprensa desde o colectivo, após ter agardado durante cinco anos a que fosen convocadas novas prazas coas que dar continuidade ás súas investigacións.
As razóns que argüen desde a Xunta de Galiza é que "o noso programa foi iniciado por un goberno anterior o que suporía unha vantaxe competitiva" a respeito das outras persoas que optasen ás mesmas prazas.
Emigración
Porén, desde o colectivo aseguran que "non podemos aceptar a nosa exclusión por razóns burocráticas ou políticas". "A Xunta está a nos considerar material amortizado cando estamos na nosa mellor etapa", explican. Trátase de profesionais da investigación en áreas como as Humanidades, a Química, o Saúde ou a Bioloxía e a Conservación natural.
Entretanto, afirman, o goberno do Partido Popular continúa a anunciar a chegada de "fichaxes estrelas". Profesionais de investigación con sona internacional. Valéndose dun símil futbolístico, un dos investigadores explica que resulta semellante a "fichar grandes estrelas e esquecer a canteira para ceder os seus futbolistas formados a outras equipas".
Investimento amortizado
Séntense, aliás, "discriminados" e "amortizados". Levan a investigar na universidade --con estadías no extranxeiro-- desde 2006 mais agora non poderán optar á súa continuidade. "Non pedimos máis prazas", sinala Ana de Castro senón "unha convocatoria aberta, pública" á que poderen optar como calquera outra persoa e que estabeleza os criterios de aceptación "por méritos". Unha demanda que transmitiron as propias universidades galegas (Vigo, A Coruña e Santiago) á Xunta mais que non foi escoitada polo executivo.
"Galiza non debe nen pode perder só un euro en investigación", sinalou Cosme Pombo (BNG), "o noso país precisa como auga os seus investigadores" pois é "un valor de futuro", acrecentou Chelo Martínez (Grupo Mixto).
Desde AGE, Antón Sánchez, coidou que "hai un interese en que pase o que está a pasar" porque "o coñecemento molesta". Aliás, desde o PSdeG entenden que a exclusión destes profesionais é "inaceptábel" pois supón "atacar a libre concorrencia e a igualdade de oportunidades".

"Denunciamos a exclusión definitiva de tres promocións de investigadores""Denunciamos a exclusión definitiva de tres promocións de investigadores", sinalou David Rubinos, unha das persoas atinxidas pola medida que procuraron o apoio dos grupos da oposición para denunciar a súa situación profesional. "Supón o fin das nosas carreiras no Sistima Universitario Galego e manda ao ostracismo" a ducias de profesionais que foron formados durante os últimos anos.
As razóns que argüen desde a Xunta de Galiza é que "o noso programa foi iniciado por un goberno anterior o que suporía unha vantaxe competitiva" a respeito das outras persoas que optasen ás mesmas prazas.
Emigración
Porén, desde o colectivo aseguran que "non podemos aceptar a nosa exclusión por razóns burocráticas ou políticas". "A Xunta está a nos considerar material amortizado cando estamos na nosa mellor etapa", explican. Trátase de profesionais da investigación en áreas como as Humanidades, a Química, o Saúde ou a Bioloxía e a Conservación natural.
Estas persoas poden optar a axudas en Portugal ou Bélxica mais non na GalizaNeste senso, exixen "unha opción de continuidade" coa que "evitar mandar ao extranxeiro a tres promocións" de profesionais nos que foron investidos por volta de "160 mil euros cada un" durante os últimos anos. Aliás, denuncian que outros territorios como "Portugal ou Bélxica" fixeron públicas convocatorias "non excluíntes" que lles permiten optar a unha praza nas súas universidades.
Entretanto, afirman, o goberno do Partido Popular continúa a anunciar a chegada de "fichaxes estrelas". Profesionais de investigación con sona internacional. Valéndose dun símil futbolístico, un dos investigadores explica que resulta semellante a "fichar grandes estrelas e esquecer a canteira para ceder os seus futbolistas formados a outras equipas".
Investimento amortizado
Séntense, aliás, "discriminados" e "amortizados". Levan a investigar na universidade --con estadías no extranxeiro-- desde 2006 mais agora non poderán optar á súa continuidade. "Non pedimos máis prazas", sinala Ana de Castro senón "unha convocatoria aberta, pública" á que poderen optar como calquera outra persoa e que estabeleza os criterios de aceptación "por méritos". Unha demanda que transmitiron as propias universidades galegas (Vigo, A Coruña e Santiago) á Xunta mais que non foi escoitada polo executivo.
"Non pedimos máis prazas senón unha convocatoria aberta, pública"Após reunírense coas forzas da oposición (Grupo Mixto, BNG, AGE e PSdeG) os grupos parlamentares trasladarán as súas demandas porque, defenderon as súas portavocías, a investigación é "un valor de futuro" como reflicte o aumento do investimento en I+D+i en moitos territorios europeos. Porén, na Galiza este mantense no 0,86% do PIB.
"Galiza non debe nen pode perder só un euro en investigación", sinalou Cosme Pombo (BNG), "o noso país precisa como auga os seus investigadores" pois é "un valor de futuro", acrecentou Chelo Martínez (Grupo Mixto).
Desde AGE, Antón Sánchez, coidou que "hai un interese en que pase o que está a pasar" porque "o coñecemento molesta". Aliás, desde o PSdeG entenden que a exclusión destes profesionais é "inaceptábel" pois supón "atacar a libre concorrencia e a igualdade de oportunidades".
Ningún comentario:
Publicar un comentario