No ano 2010 as persoas menores de 35 anos representaban o 31% das ocupadas; a finais de 2015, o 24%. Unha queda de 7 pontos en apenas cinco anos.
Na Galiza perdemos poboación activa desde hai
tempo, unha situación que se agravou pola crise, que ao decremeneto
vexetativo engadiu un aumento dos fluxos de emigración. Desde o 2012,
esa perda de poboación activa é “colosal” e “moi grave”, como a
cualifica a CIG no seu informe sobre o mercado de traballo 2015. A idade
onde se produce esta queda é na poboación máis nova, con todo o que iso
implica.
A poboación activa é a máis importante do mercado de traballo, lembra o sindicato nacionalista, xa que acolle as persoas ocupadas máis as paradas “Isto é, a forza laboral dun país. Canto maior sexa a proporción de poboación activa con respecto á total, máis “equilibrado” é o mercado laboral, e, xa que logo, a economía, posto que menor é a proporción de dependentes, de poboación inactiva”.
Franxa de idade
En 2015 medrou a ocupación na Galiza en 19.200 persoas ocupadas de media. Mais entre os menores de 35 anos a ocupación continuou descendendo: exactamente en 6.000 persoas ocupadas menos. “Se nos retrotraemos ao ano 2010, son perto de 100.000 os ocupados menos nesta franxa de idade”.
Así pois, está envellecendo o mercado de traballo en Galiza a pasos de xigante. No ano 2010 as persoas menores de 35 anos representaban o 31% das ocupadas; a finais de 2015, o 24%. Unha queda de 7 pontos en apenas cinco anos.

En 2015 medrou a ocupación na Galiza en 19.200 persoas ocupadas de media. Mais entre os menores de 35 anos a ocupación continuou descendendoNestes cinco anos a perda de poboación activa foi de 43.700 persoas, unha importante queda que atinxe nomeadamente a menores de 34 anos. Entre eles, o descenso desde o ano 2010 foi 104.700 persoas, segundo o mencionado informe. “A partir desta idade incrementouse; é dicir, o mercado laboral segue reducíndose e envellecendo, xa que cada ano que pasa aumentan a proporción dos maiores de 34 anos con respecto do total. No último ano -2015- descendeu a poboación activa en 13.200; se nos centramos nas persoas menores de 34 anos, o descenso foi de 22.600 persoas. A perda de poboación é o factor máis determinante na perda de poboación activa, pero o sexo, o nivel formativo, a idade… tamén teñen importancia, especialmente o nivel académico. Como vemos na táboa seguinte, a taxa de actividade varía moito dependendo deste”.
Franxa de idade
En 2015 medrou a ocupación na Galiza en 19.200 persoas ocupadas de media. Mais entre os menores de 35 anos a ocupación continuou descendendo: exactamente en 6.000 persoas ocupadas menos. “Se nos retrotraemos ao ano 2010, son perto de 100.000 os ocupados menos nesta franxa de idade”.
Así pois, está envellecendo o mercado de traballo en Galiza a pasos de xigante. No ano 2010 as persoas menores de 35 anos representaban o 31% das ocupadas; a finais de 2015, o 24%. Unha queda de 7 pontos en apenas cinco anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario