O colectivo galego celebrou por primeira vez na capital dezana unha asemblea e degustou un cocido.
Onte era a primeira vez que Confapa celebraba unha reunión da directiva
en Lalín pero non será a última. A ela acudiron representantes de
asociacións de pais e das federacións de ANPAS de toda Galicia. A
presidenta do colectivo, Elena Gómez, agradeceu a colaboración do
Concello de Lalín e sinalou que repetirían a elección da vila como
escenario de máis reunións «porque estivemos moi a gusto e por situación
xeográfica, Lalín lle queda ben a todo o mundo, en canto a distancias».
A asemblea de onte levaba como único punto da orde do día a renovación
dalgúns cargos directivos con substitución no de tesoureira e de dous
vogais, un en Ourense e outro en Pontevedra. Falouse de si a Lomce pode
afectar a segundo de BAC e das posibles consecuencias da reválida de
sexto. Gómez indicou que «o conselleiro di que non, pero na Lomce se
contempla que si, lle mandamos unha carta, pero aínda non tivemos
resposta». Na reunión aproveitouse para falar doutras cuestións como os
comedores escolares, da repartición de material escolar procedente de
doazóns da Caixa con quen Confapa ten un convenio de colaboración e da
celebración o próximo fin de semana dunha asemblea de confederacións de
asociacións de pais e nais en Madrid á que acudirá unha representación
da galega. Nela falarase do certificado de penais que se pedirá a toda a
xente que a partir de agora traballe con nenos e aos que a
confederación ve algunhas lagoas ou problemas en canto á caducidade do
certificado e á aplicación da lei de protección de datos. Tras a reunión
en Lalín os participantes visitaron a Casa do Patrón e degustaron un
cocido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario