O CSIC presenta o número 128 desta histórica revista científica de Humanidades e Ciencias Sociais.
O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) presentou este venres en Santiago de Compostela ol número 128 da revista Cuadernos de Estudios Gallegos, publicación do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (centro mixto do CSIC e a Xunta de Galicia) de periodicidade anual, con más de setenta años de traxectoria e incluida desde 2012 na base de datos SCOPUS de publicacións científicas.O acto contou coas intervencións do director da revista, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, e do secretario Pablo S. Otero Piñeyro Maseda. Por parte da Xunta acudiu o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.
Cuadernos de Estudios Gallegos fundouse para recoller nas súas páxinas investigacións multidisciplinares de temática galega no ámbito das Humanidades e Ciencias Sociais. Na actualidade publica preferentemente artigos de estudos e investigacións de Historia, de carácter xeral ou referidos a Galicia.
O novo número, que se pode descargar gratuitamente sen restricións na páxina web da revista, contén doce artigos de estudos e investigacións e catro reseñas de libros de temática histórica.
Os artigos referidos a Galicia son “La escribanía de las Juntas del Reino de Galicia”, de Gonzalo F. Suárez Suárez; “La literatura de viajes y el transporte terrestre en Galicia desde el último tercio del siglo XVIII hasta mediados del XIX”, de Elvira Lindoso-Tato e Margarita Vilar Rodríguez; “Los gallegos en el Perú: la migración de los malpicáns al puerto de Chimbote”, de José A. Valverde Elera; “Tras la huella del desconocido maestro ciego del Colegio de Sordomudos y Ciegos de Santiago: Juan Lorenzo González”, de Ana Rodríguez Díaz e Elisa Gavari Starkie; e “Violencia rural intercomunitaria no sueste de Galicia. Un caso concreto: Moialde contra San Pedro de Pousada”, de Emilio Alonso Gayoso.
Neste número interviron case medio cento de evaluadores de máis dunha vintena de institucións académicas ou colexios profesionais.
Na presentación, Eduardo Pardo destacou a importancia da revista pola su veteranía no escenario gallego, con 72 anos nos que suma máis dun millar e medio de aportacións no ámbito da Historia e das Humanidades galegas: “Isto constitúe un activo patrimonial que convierte a Cuadernos de Estudios Gallegos' nun referente de primeira orde na bibliografía histórica e humanística de Galicia”, dixo.
Tamén dixo que “ao ser unha publicación avalada e mantida pola editorial do CSIC garantízase a súa distribución internacional e a presenza dos seus contidos na rede, o que constitúe un valor engadido de excepcional importancia", subliñou.
Historia da revista
Cuadernos de Estudios Gallegos fundouse en Santiago de Compostela en 1944 polo IEGPS e edítase anualmente a través da Editorial CSIC.
Na súa primeira etapa foi dirixida sucesivamente por Francisco Javier Sánchez Cantón, José Filgueira Valverde e Francisco Javier Río Barja, sendo os seus secretarios —entre outros— Jesús Carro García, Felipe Cordero Carrete e José Carro Otero.
Desde 1995 está dirixida por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, profesor de investigación del CSIC e director do IEGPS, e o seu secretario é, desde xaneiro de 2015, Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, que pasou a substituir, despois de case dous décadas na secretaría, a Isidro García Tato, científico titular do CSIC.
O seu consello editorial está integrado por quince historiadores de recoñecida traxectoria en diferentes líneas de investigación vinculadas á historia de Galicia e Portugal. Todos pertencen a distintas institucións: CSIC, as tres universidades galegas e centros universitarios de Portugal.
Os seus contidos diríxense á comunidade científica española e estranxeira, admitindo exclusivamente artigos orixinais, tanto en lingua galega como española, portuguesa, inglesa ou alemá.
Está categorizada como revista de “tipo A” pola Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva (ANEP) —o tope é A+— e é indexada en SCOPUS, base de datos bibliográfica internacional de resumos e citas de artigos de revistas científicas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario