mércores, 23 de marzo de 2016

Consello da Cultura e RAG apostan polas Irmandades na rede

O Consello da Cultura vén de presentar o Álbum das Irmandades da Fala, unha completa web que pretende difundir biografías e materiais dos protagonistas deste movemento. Tamén a Academia acaba de publicar en versión dixital a primeira das publicacións históricas, que irá ampliando aos poucos. 

As bibliografías dos irmáns Ramón e Antón Villar Ponte son as primeiras entradas do álbum Irmandades da Fala que vén de publicar o Consello da Cultura, coa idea de difundir dun xeito divulgativo as biografías e materiais de máis de dúas ducias de persoas que formaron parte do movemento. O proxecto está coordinado por Miguel Anxo Seixas Seoane, quen asina un texto que explica o contexto de nacemento das Irmandades da Fala. O Álbum fíxose público onte, 21 de marzo, ao coincidir coa data na que Ramón Villar Ponte asina o manifesto “Nuestra afirmación regional” que reivindica a problemática do idioma e a necesidade de recuperar o seu uso. O Álbum actualizarase de xeito mensual e conforma algunha das actividades que o Consello da Cultura Galega ten programado para celebrar o centenario deste fenómeno.
“O 21 de marzo de 1916 Antón Villar Ponte data a primeira edición do folleto titulado "Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional" que supón a primeira vez que se fai explícito un manifesto que insta á recuperación da lingua” explica Miguel Anxo Seixas Seoane. Esta data dá pé á saída deste proxecto que inclúe referencias biobibliográficas das principais figuras vencelladas a este movemento. Este manifesto, que o propio Antón Villar Ponte considerou como os apuntamentos para un libro, agrupa parte dos argumentos e parágrafos literais de varios artigos que publicara previamente no xornal La Voz de Galicia e nos que facía consciente a problemática do galego e a necesidade de emprender de inmediato un labor de defensa e potenciación do seu uso.
Publicacións en dixital
Onte a páxina web da Academia tamén inauguraba unha nova sección sobre as Irmandades, onde irán amosando en versión dixital distintas publicacións e documentos históricos relacionados coas Irmandades da Fala conservados na Real Academia Galega.
O primeiro documento que veñen de colgar é Nacionalismo gallego. Nuestra ‘afirmación’ regional, que saíu do prelo o 21 de marzo de 1916 na Tipografía Obrera coruñesa. Antón Villar Ponte defendía neste folleto o uso do galego en todos os contextos e consideraba urxente fomentar o desenvolvemento da "Liga de Amigos del Idioma". Esta obra, que se escribiu por razóns "de propaganda" en castelán,.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario