O obxectivo deste tipo de plans de promoción é ofrecer oportunidades de desenvolver unha carreira investigadora en Galicia. Porén, a chegada ao poder do Partido Popular e os recortes aplicados en I+D+i dende o ano 2010, significaron un bloqueo para moitas destas carreiras, en especial para estas promocións de novos e novas doutoras (os Ángeles Alvariño), que en condicións normais deberían ter accedido á posibilidade de competir por un contrato Parga Pondal (ou a denominación que tivese), entendido como contrato de continuidade e de retorno a Galicia. Houbo unha derradeira convocatoria de Parga Pondal en 2010, que xa no seu momento foi cualificada de pseudo-Parga Pondal, pois a súa duración era inferior (3 anos en lugar de 5) e non incluía un compromiso de estabilización).
A Xunta lanzou nese momento un novo plan, para substituír o INCITE, denominado Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (I2C), de catro anos de duración (2011-2015). En teoría, no marco desta iniciativa (así foi presentada), debían lanzarse contratos postdoutorais para os novos e novas investigadoras (equivalente ao Ángeles Alvariño: dous anos fóra e un de retorno á universidade galega), e un tipo de contrato postdoutoral 2 que permitiría dar continuidade a aqueles que xa tiveran o primeiro contrato (equivalente ao Parga Pondal).
A primeira convocatoria de contratos postdoutorais de segundo nivel do programa IC2 (2011-15) aínda se vén de publicar este mes, catro ou cinco anos máis tarde do prometidoAo abeiro do IC2 lanzáronse os correspondentes contratos postdoutorais de primeiro nivel. Porén, a primeira convocatoria de contratos postdoutorais de segundo nivel aínda se vén de publicar este mes, catro ou cinco anos máis tarde do prometido. Ademais, as bases só permiten concorrer a eles aos investigadores e investigadoras que acaban de completar o contrato postdoutoral 1 lanzado pola Xunta en 2012. E deixan fóra, polo tanto, ás tres xeracións de Ángeles Alvariño (2007, 2008 e 2009) que, por mor dos recortes, nunca tiveron a posibilidade de participar neste tipo de convocatorias en Galicia.
"Xa sospeitabamos que nos podían excluír. E por isto en novembro comezamos a movernos e puxémonos en contacto coa Xunta e cos vicerreitorados de investigación das tres universidades. Vendo o atraso no lanzamento desta convocatoria, pensabamos que estaban esperando ao ano no que remataban a post-doc 1 os que comezaran co plan I2C, para que fosen eles os que puidesen optar", explica unha das investigadoras afectadas. Efectivamente, a convocatoria saíu en marzo e está destinada á xente que remate agora. E non pode participar ninguén máis, aínda que no curriculo conste unha formación equivalente (por exemplo as Ángeles Alvariño), un contrato de características similares, pero dun goberno anterior.
"Normalmente tes varias oportunidades, pero nós estivemos dende 2010 ata 2016 sen ningunha convocatoria autonómica na que poder participar""Isto xa está convocado, polo tanto xa non temos opción, pero si pedimos que publiquen outra convocatoria, na que si teñamos cabida, e na que nos dean unha posibilidade de continuidade na investigación", di. "Normalmente tes varias oportunidades, pero nós estivemos dende 2010 ata 2016 sen ningunha convocatoria autonómica na que poder participar. Eles alegan que nós xa lles levamos moitos anos de diferenza aos que rematan agora. Si, pero non tivemos oportunidades nas que poder competir", denuncia.
Dende que a primeira xeración de Ángeles Alvariño rematou o seu contrato en 2010 foron escasas as oportunidades que o Goberno galego lles ofreceu para continuar a súa carreira investigadora en Galicia. Si houbo unha convocatoria de pseudo-Parga Pondal en 2010, aínda que aberta a todo o mundo, na que tiveron que competir con persoas que tiñan moitos máis anos de experiencia e méritos acumulados. En 2012 a Xunta publicou tamén unha convocatoria para os Ángeles Alvariño, que lles ofreceu un contrato dun só ano.
Entre 2008 e 2013 o investimento en I+D descendeu 115 millóns de euros en Galicia, case un 20%Entre 2008 e 2013 o investimento en I+D descendeu 115 millóns de euros en Galicia, case un 20%, pasando de representar o 4% do total estatal a ser o 3,6%. Dos 6.683 investigadores e investigadoras que en 2010 traballaban en Galicia pasouse a 5.397 tres anos máis tarde, un 19% menos. Os Orzamentos da Xunta de 2010 e 2011 significaron un recorte de máis trinta millóns no dedicado a I+D. A pesar de que dende entón asistimos a cinco anos consecutivos de ascensos, a cifra total segue lonxe das cantidades previas ao inicio da crise. A consecuencia é que Galicia dedica a I+D+i ao redor do 0,9% do seu PIB, lonxe da media española (1,3%) e aínda máis lonxe dos obxectivos propostos no devandito plan IC2 da Xunta: "asume como obxectivo xeral a converxencia do esforzo galego en I+D+i co esforzo do conxunto de España, que en ningún caso debe ser inferior ao 2% do PIB no ano 2015, cifra que nos porá na senda de acadar o obxectivo fixado pola UE para o ano 2020 do 3% do PIB".
"Algúns afortunados estamos en grupos de investigación que teñen financiamento por outras vías, e polo tanto puideron manter os nosos contratos. Pero moita xente tivo que marchar ou quedou polo camiño""Algúns afortunados estamos en grupos de investigación que teñen financiamento por outras vías, por exemplo a través de proxectos estatais ou europeos, e polo tanto puideron manter os nosos contratos. Pero moita xente tivo que marchar ou quedou polo camiño", explica a investigadora. "A Xunta investiu moito diñeiro público na nosa formación, e agora córrese o risco de perdelo por completo, porque se non temos posibilidade de traballar aquí, teremos que marchar a outro lugar, di.
Ningún comentario:
Publicar un comentario