Este domingo, como todos os derradeiros domingos de marzo, volve cambiar a hora. Ás 2h serán as 3h. Esta mudanza de horario volve pór de actualidade o desfase horario que padece o país, o segundo maior desfase do mundo despois da China.
Na Galiza vivimos nunha hora que por posición
xeográfica non nos corresponde. O noso horario acaído, segundo a
posición xeográfica, debería ser a GTM -1 e non a GTM+1. A día de hoxe,
coa GTM+1 estamos dúas horas por diante da hora solar que nos
corresponde.
Até 1940, o Estado español posuía o horario Greenwich, o fuso horario cero. Foi en 1940 cando deixou de contar co horario solar que lle correspondía e pasou a sumarse á hora de Berlín. Foi esta unha decisión de Franco para agradar a Alemaña nazi e provocou que Galiza sexa un dos países con maior desfase horario entre o reloxo e o tempo de luz solar. De feito, segundo o experto José Antonio Bustabad, Galiza é o segundo lugar do mundo con maior desfase horario, após a China.
A raíz da decisión do ditador, os reloxos da Galiza marcan a mesma hora que Noruega ou Suecia, en lugar de situarse no horario solar que lle correspondería ou, cando menos, no horario dos países aliñados no mesmo meridiano, como Portugal ou Irlanda ou territorios como as Illas Canarias (aos que lles correspondería tamén o horario GTM-1).
Durante o verán, cuxo horario se abre coa mudanza da madrugada do domingo, as zonas máis occidentais da Galiza padecen unha diferenza de dúas horas e media a respeito da luz solar.
Os Estados Unidos ou Australia son referentes no cumprimento do horario solar. Os EUA posúen até seis fusos horarios diferentes, de modo que cada zona se adapta ao fuso que lle corresponde e o mediodía do sol cae coas 12h.
Que pasaría se Galiza tiver unha hora diferente á do resto do Estado?
En xaneiro, Galiza amence pasadas as 9h (unha hora máis tarde que nas Illes Balears), mais en xuño non se fai de noite até as 23.30h, o que representa un horario irracional e, en consecuencia, un gasto eléctrico sen sentido. Que pasaría se Galiza tiver unha hora diferenciada á do resto do Estado? Segundo especialistas, sería o razoábel para conseguirmos un aforro enerxético e para poder adaptarmos os bio ritmos á dinámica da luz solar.
O BNG leva unha década reclamando nas institucións nas que ten representación que Galiza adopte unha hora menos, é dicir, que conte co mesmo horario que Portugal ou que as Illas Canarias. Porén, as iniciativas do Bloque no Congreso e no Parlamento galego non saíron adiante e recibiron mesmo as críticas e ridiculizacións por parte de PP e PSOE. E isto malia que o propio presidente da Comisión Nacional para a Racionalización de Horarios comparteu as teses científicas nas que se sostiveron as propostas do BNG.
A modificación do horario volveu poñerse de actualidade cando PSOE e Ciudadanos presentaron o seu pacto para a investidura de Pedro Sánchez. No acordo recóllese a recuperación do horario GTM para o conxunto do Estado español.

Ningún comentario:
Publicar un comentario