A sentencia da Audiencia Provincial reducindo á metade as condenas impostas a 6 persoas por respostar en 2009 a unha manifestación de Galicia Bilingüe
amosa para a contorna dos procesados a falla de consistencia de todo o
procedemento xudicial. Así, fontes próximas aos procesados afirman a Sermos Galiza
que esta sentencia da AP “determina que se desinfla completamente a
iniciativa impulsada no seu día por Samuel Juárez [daquela, delegado do
goberno español na Galiza], Galicia Bilingüe e axentes das FSE para
meter en prisión militantes a prol do galego”.
Destacan, aliás, que naquel 8 de febreiro houbo sectores que “representaron a dignidade deste país” fronte a unha manifestación que “reivindicaba a nosa desaparición como pobo”. Agradecen, así mesmo, a solidariedade fronte ao procesamento que “reuniu a todo o abano do nacionalismo”.
"Desde a perspectiva temporal que dan estes sete anos, foi un acerto a resposta do independetismo a aquela manifestación de Galicia Bilingüe"Así, sinalan que coa sentencia fica en evidencia a “inconsistencia de todo o proceso”, desde “as detencións e identificacións até as acusacións das FSE e de Gloria Lago”. Neste sentido, apontan ao “odio” expresado por GB, que perante o “fracaso” daquela mobilización do 8 de febreiro de 2009 contra a normalización do galego, apostou en “se embarcar nun proceso represivo” con “cobertura” do Estado para “encarcerar” os independentistas detidos.
Destacan, aliás, que naquel 8 de febreiro houbo sectores que “representaron a dignidade deste país” fronte a unha manifestación que “reivindicaba a nosa desaparición como pobo”. Agradecen, así mesmo, a solidariedade fronte ao procesamento que “reuniu a todo o abano do nacionalismo”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario