O vindeiro 7 de abril ás 20:00 horas as instalacións de
WeKCo na Avda. Novo Mesoiro da Coruña volve acoller unha nova
edición de Betabeers Galicia, encontro para desenvolvedores web e móbiles
que combina charlas técnicas, presentacións de proxectos e networking.
Nesta ocasión a charla técnica que centra a xornada será impartida por David Pombar, un dos fundadores de
SetPay, e impulsor de varias iniciativas para favorecer o emprendemento (como Startup Galicia), que baixo o provocador título É doado saber programar, o fodido é saber o
que, pretende afondar nos inicios das programación de proxectos, na
exploración nas necesidades dos usuarios, na importancia da eficiencia como
métrica para a calidade da programación e no concepto de Mínimo Produto Viable.
Tras a intervención de Pombar Rodrigo
Lago presentará Ubiplay Mobile, compañía
de desenvolvemento de software que desenvolveu un motor de aventuras, Ubiplay Engine, para crear
aplicacións para Android e iOS a través dun editor gráfico.
A xornada pechará cunha intervención de María del Carmen López Gómez, directora
de Galicia Open Future, que presentará a terceira convocatoria para a
aceleración de proxectos galegos, aberta até
o vindeiro 15 de abril.
Ningún comentario:
Publicar un comentario