XA EN LIÑA.
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega vén de disponibilizar na rede a
versión dixital da Historia da Literatura Galega, unha enciclopedia
completa sobre a arte literaria feita na Galiza e en galego que xa se
pode consultar na rede.
Esta obra presentarase a vindeira sexta-feira
ás 20 horas na sala de exposicións do Pazo de San Marcos de Lugo, coa
presenza de Xosé Ferreiro, delegado de Cultura da Deputación de Lugo;
Xoán Costa, presidente da AS-PG; a escritora Olga Novo; e Armando
Requeixo, escritor e crítico literario. Acompañarán con música Tonecho
Castelos e Pablo Esqueira.
Grazas a esta obra poderemos coñecer “o mellor que escribiron as galegas e os galegos que nos precederon ou que, afortunadamente, aínda conviven connosco”, segundo declarou Xoán Costa, presidente da AS-PG, que nos explicou que o proxecto comezou hai dous anos: “Partía da exitosa experiencia que durante 50 semanas, en entregas quincenais, mantivera nos quiosques un fascículo e un libro. Actualizar e reeditar en papel non parecía unha opción adecuada. Así que optamos por facer todo de novo, en formato nativo dixital, con outra estrutura e outros obxectivos”.
Esta ferramenta web inclúe 1.600 páxinas de texto que recollen a Historia da Literatura Galega, pero adaptadas á linguaxe de Internet e que prevé a incorporación de elementos multimedia e as diferentes posibilidades de leitura que ofrecen os dispositivos actuais, sexan teléfonos móbiles ou tabletas.
Accesible sen conexión
Poder usar os textos sen necesidade de conexión a internet foi unha das preocupacións da AS-PG. Para iso “preparamos programas de lectura específicos que permiten que un usuario poida ter sempre consigo os textos que desexe ler sen necesidade de os descargar ou ter conexión a internet”, sinala Costa, que adiantou que “esta posibilidade vai unida á abertura dunha tenda de distribución onde, ademais da propia historia que agora editamos, pretendemos distribuír boa parte da literatura galega. Antes foi o libro en papel que acompañou os fascículos, agora será o libro dixital o que ocupe ese lugar”.
A Historia da Literatura Galega estrutúrase, dunha parte, en torno a un menú de contidos que fan referencia ás diferentes etapas da literatura galega, da idade media á actualidade e doutra a autores, obras, organismos, publicacións, eventos e movementos.
En desenvolvemento
O proxecto continuará a desenvolverse no futuro, con información ampliada e un fragmento de cada obra. Segundo Xoán Costa, “tamén apareceran na tenda, para compra ou consulta, todas as obras de que sexa posíbel dipoñer. Esta parte, xunto coa actualización dos textos e autores dos últimos anos, será o proxecto a desenvolver neste ano”.
Ademais, desde a obra haberá acceso tamén a material multimedia de xeito que será posíbel completar a aproximación a obras e/ou autoras e autores con vídeo, animación ou música. Tamén estará ligada cos xogos que a AS-PG desenvolveu e, a máis longo prazo, cun dicionario “no que estamos traballando”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario