A pensión media en Galicia é de 759,1 euros, a segunda máis baixa do Estado. Un vasco cobra 360 euros máis que un galego.
Os pensionistas galegos seguen sendo os que menos cobran do Estado, unha media de 140 euros menos. A súa pensión de marzo foi de 759,1 euros, a segunda máis baixa, só por diante de Estremadura (750,6).No lado contrario están os vascos que cobran 1.114,7 euros ao mes, 360 euros máis que os galegos. Síguenlle os madrileños (1.063,9), asturianos (1.062,06), navarros (1.029,4), aragoneses (943,1), cántabros (941,9) cataláns (932,1) e os ceutís (920,2).
Por debaixo da media, fixada nos 899,29 euros está Castela e León (882,4), A Rioxa (871,4), a cidade de Melilla (846,6), Cantabria (841,9), Canarias (832,3), Castela-A Mancha (831,4), Illas Baleares (828,4), Comunidade Valenciana (828,3), Andalucía (809,7) e Murcia (791,2), ademais de Galicia e Extremadrua.
O gasto mensual en pensións contributivas da Seguridade Social acadou os 8.427 millóns de euros en marzo, o que supón un aumento do 2,99 % respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Nunha nota de prensa, Emprego sinalou que a pensión media de xubilación situouse en 1.037,36 euros mensuais. En canto á pensión media do sistema, que comprende as distintas clases (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), foi de 899,29 euros ao mes, o que supón un aumento interanual do 1,87 %.
Ningún comentario:
Publicar un comentario