Que listos son os PPolíticos que nos gobernan!
De repente, ao lado dunha pésima nova (van conxelar por enésimo ano consecutivo os nosos salarios, condenándonos a unha aínda maior perda de poder adquisitivo da que xa padecemos), aparece outra nova que soará moi ben aos ouvidos máis incautos: van pagarnos unha parte (arredor dun 25%, disque), e en dous anos (2015 e 2016), da extra que nos foi roubada en decembro de 2012.
Será ben lembrar que o decreto que anulou o pagamento ao funcionariado desa paga extra entrou en vigor o día 15 de xullo de 2012. Nesa data, xa tiñamos devengados un total de 44 días desa paga extra de decembro polo noso traballo. Isto fixo que durante o pasado curso 2013/14, por medio dun escrito asinado finalmente por centos e centos de funcionarias e funcionarios docentes, o STEG demandase á Administración autonómica galega o pagamento deses días devengados, posto que a Constitución garante o principio da irretroactividade das disposicións sancionadoras non favorábeis ou restritivas de dereitos individuais. Todas as voces consultadas ao respecto tiñan claro que, tarde ou cedo, os tribunais acabarían por obrigar finalmente ás Administracións a pagar eses 44 días devengados. Tanto é así que incluso houbo algunhas Administracións que xa comezaran a reunirse coas organizacións sindicais para negociar as condicións e os prazos dese pagamento...
Pois ben. O curioso do caso é que, se facemos números, ese 25% que disque nos van aboar entre 2015 e 2016 da paga extra de decembro de 2012 correspóndese exactamente (oh, casualidade!), con eses 44 días devengados que, con toda seguridade, terían que acabar pagándonos por imperativo legal (o 25% de 182 días son 45,5 días)!!!
Así, que listos!, matan estes PPolíticos dous paxaros dun tiro: pagan o que, segundo todos os indicios, ían verse obrigados a pagar tras sentenza xudiciaria e, asemade, dan en vésperas de ano electoral a imaxe de que cumpren coas súas promesas... Mágoa que todos e todas recordemos no STEG exactamente a promesa feita no seu día polos ínclitos gobernantes que padecemos para ver se aplacaban así o noso máis que xustificado enfado. E esa promesa non era, non, de devolución PARCIAL do 25% en 2015, senón de DEVOLUCIÓN ENTEIRA dun diñeiro que, en realidade, nunca debemos deixar de percibir como traballadoras e traballadores.

E que parvos nós, se lles fósemos crer nada!

Secretariado Nacional do STEG
29 de setembro de 2014
Ningún comentario:
Publicar un comentario