mércores, 8 de outubro de 2014

O peche que remata en promesa de entrevista co conselleiro de Educación

A Plataforma en defensa do Ensino Público consigue, logo de dous anos, ter unha entrevista con Jesús Vázquez, tras manter un peche fronte o seu despacho.


Dez membros da Plataforma en Defensa do Ensino Público será recibida, logo de dous anos de espera, polo conselleiro de Educación. Unha situación que tivo lugar este luns logo de que estes representantes educativos se pecharan  fronte ao despacho de Jesús Vázquez pola súa negativa a recibilos. 
 
Os dez membros da plataforma, integrada por CONFAPA-Galicia, FETE-UGT, Federación de Ensino de CCOO, Iniciativa Estudantil Galega-IESGA, Sindicato de Estudantes e Escola Viva, denuncian que levan dous anos solicitando reiteradamente unha entrevista co conselleira. 
 
Ante esta medida de presión, o conselleiro viuse forzado a formalizar unha entrevista para o vindeiro martes, día 14 de outubro. “Lamentamos que para ser escoitados teñamos que ameazar con pecharnos nas súas dependencias; lamentamos que non sexa suficiente cunha solicitude da maior representación da comunidade educativa de Galicia”, apuntan nun comunicado.
 
A plataforma insiste na necesidade de que a Xunta aborde todas as cuestións referidas á aplicación da LOMCE e as “nefastas consecuencias que está a ter no ensino público”. Pero tamén advirten que, se non son recibidos polo conselleiro, tomarán “as medidas oportunas”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario