A imaxinación agroma a rente da pel nos tatttoos en galego que está a recibir o facebook do Clube da Lingua do IES Marco do Caballón de Vila de Cruces. Unha iniciativa de grande suceso.
Que a “Alborada” de Rosalía pode ser tatuada no corpo? Pode, como versos de Lupe Gómez, como o escudo de Castelao, como a Torre de Hércules en tamaño XL, como unha gaita ou un feixe de percebes. Algunhas imaxes exquisitas como as que mostran ombreiros adornados con delicadas pandeiretas ou plumas con versos e outras facendo gala de certa tendencia kitch nunha cuncha de vieira con bandeira nacional e a lenda “miña terra galega”. Haber hainos e iso é o que lle interesa ao Clube da Lingua do IES Marco do Caballón de Vila de Cruces, identificalos, que alguén os fotografe e mostrar as persoas que se gaban de levar a lingua na pel para toda a vida.“Olá, boas, déixovos
“O voso proxecto paréceme cheo de interese, sobre todo porque buscades formas actuais da identidade galega, o que lle dá vitalidade e interese. Facedes dialogar pasado e presente e non vos quedades ancorados nunha identidade só de pasado como se as culturas e os povos foran algo estático e fixo”, afirma o antropólogo Marcial Gondar no propio facebook do Clube da Lingua que estes días ferve de visitas e novas incorporacións de imaxes das máis diversas partes do corpo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario