Como
ven sendo o costume nos últimos anos o inicio de curso leva aparellado a
aplicación das medidas derivadas dos brutais recortes no ámbito
educativo decretados polos Gobernos do Partido Popular, que están a por en
perigo o ensino público, atacando a igualdade de oportunidades e retrocedendo
nos avances conseguidos no modelo educativo do noso país, pretendendo con elo trasladarnos
a épocas que xa críamos esquecidas.
-
Perda
importante de profesorado e incremento da temporalidade do mesmo.
-
Incremento das
taxas de interinidade que pasaron a duplicarse.
-
Incremento
da afinidade que fai que mais de mil docentes teñan que impartir especialidades
que non son as súas
-
Supresión
das medidas de atención á diversidade, reforzos, desdobres...
-
Redución dos
profesionais de atención á diversidade
-
Peche de 74 unidades
de infantil e primaria.
-
Supresións
de ciclos Formativos de Formación Profesional
-
Endurecemento
dos requisitos de acceso ás bolsas
-
Supresión de
axudas para material escolar e creación dun Banco de Libros paralelo ao das
ANPAS desbotando irresponsablemente o patrimonio acumulado nos centros.
-
Mantemento
dos concertos aos centros que segregan por sexo
Ademais a
implantación atropelada da LOMCE, que servirá para deteriorar o ensino público
en favor dun ensino de elite baixo as premisas ideolóxicas da dereita máis
rancia deste país, ven a agravar un panorama xa caótico coas seguintes medidas .
-
Publicación dos decretos
de Primaria e FP Básica xa iniciado o curso
-
Descoñecemento da oferta
educativa de FP Básica
-
Deslocalización da oferta
educativa de FP Básica, afectando especialmente aos concellos do rural
-
Redución de 500 prazas
escolares na FP Básica
-
Aumento das rateos
-
Cambio indiscriminado
dos libros de texto
Esta Plataforma consecuentemente
co noso compromiso de denuncia de
calquera intención de destruír un modelo educativo de calidade e equidade
convoca unha SEMANA DE LOITA do 6 ao 10
de outubro na que realizaremos diversas actividades como son os ABRAZOS SOLIDARIOS que se convocaran en
diversos centros educativos como símbolo do apoio que a comunidade educativa
temos que dar aos receptores dos ataques do goberno contra o ensino
Polo que desde
esta Plataforma facemos un chamamento á sociedade, nais, pais, docentes e
alumnado para que participe nestas mobilizacións porque está en xogo a
educación do noso país.
Santiago de Compostela, a 2 de outubro de 2014
Ningún comentario:
Publicar un comentario