Ramallo destaca que “formar parte deste Comité supón traballar a prol da dignificación, do recoñecemento social e dos dereitos da linguas minoritarias e tamén é unha sorte de compromiso coas minorías lingüísticas de Europa, entendidas como minorías sociais que precisan políticas públicas que contribúan á súa fortaleza socioeconómica, educativa e cultural”. En canto á Carta en si, salienta o seu valor e utilidade para acadar melloras lexislativas para moitas linguas e comunidades, pero sinálalle algunhas eivas necesitadas dalgunha actualización: "a Carta é de 1998, e dela está ausentes por exemplo, todo o relativo aos medios de comunicación dixitais, ou á linguaxe de signos".
O nomeamento produciuse en decembro do ano pasado, sendo Ramallo elixido entre outras varias propostas, e ao profesor da Universidade de Vigo foille notificado a pasada primavera. Dende entón xa participou en dúas xuntanzas do comité (reúnese tres veces ao ano, durante catro días en Estrasburgo) e a vindeira semana Ramallo formará parte do grupo que durante cinco días examinará o grao de cumprimento da Carta a cargo do Estado Español, e que se entrevistará con autoridades e tamén con entidades e ongs interesadas en informar sobre o grao de cumprimento dos dereitos lingüísticos.
A visita comezará o luns en Compostela, e continuará o martes en Bilbao, o mércores en Barcelona, o xoves en Palma e o venres en MadridA visita comezará o luns en Compostela, e continuará o martes en Bilbao, o mércores en Barcelona, o xoves en Palma e o venres en Madrid. En maio foi publicado na web do Consello de Europa o cuarto informe sobre o cumprimento da Carta remitido polo Goberno español, que abrangue o período 2010-2013. Recolle a visión do Executivo da situación das linguas e das políticas lingüísticas en cada un dos territorios do Estado con idioma propio. E tamén unha explicación de como se atenderon algunhas das cuestións propostas no informe do Comité de Expertos respecto do anterior ciclo de seguimento.
A partir do informe inicial remitido por España, e coa información obtida nestas entrevistas e visitas in situ, o grupo de traballo elaborará un informe preliminar que posteriormente será debatido polo grupo de expertos no seu conxunto. Cando se aprobe, probablemente a final de ano, enviaráselle ao Consello de Europa, que llo remitirá ao Goberno español. Nese momento coñeceremos a valoración que os expertos fan do nivel de cumprimento tanto da lei coma das súas recomendacións pasadas, presentes en informes precedentes, o máis recente moi crítico coa política lingüística da Xunta.
A partir do informe inicial remitido por España, e coa información obtida nestas entrevistas e visitas in situ, o grupo de traballo elaborará un informe preliminar que posteriormente será debatido polo grupo de expertos no seu conxuntoO informe, iso si, non é vinculante, limitándose o Comité de Expertos a facer recomendacións para que o Estado modifique a súa lexislación ou as súas políticas, sen capacidade ningunha de sanción. A Carta, flexible, pódese asumir en maior ou menor medida e España asinou o nivel máis alto de compromisos. Moitas das recomendacións do Comité diríxense máis ás políticas concretas impulsadas dende as administracións que a cambios lexislativos, aínda que o profesor Ramallo salienta un aspecto relativo á administración de xustiza que xa foi sinalado nalgunha ocasión e que de seguro volverá ser lembrado este ano. Na Carta, España asinou o compromiso de que “no caso de que algunha das partes o solicite", un xuízo "realizarase en lingua minoritaria”. Porén, o artigo 231 da Lei Orgánica 6/1985, do Poder Xudicial prevé só que se “poderán usar tamén a lingua oficial propia da Comunidade Autónoma, se ningunha das partes se opuxese”. "É unha pequena pero importante diferenza", di Ramallo.
Informe crítico
O informe criticaba con dureza a política lingüística da Xunta, ao destacar a escasa protección do galego en numerosos ámbitos e ao criticar a situación na que o criticado decreto do plurilingüismo deixa a lingua propia do país no ensinoEn outubro de 2012 o Comité de Ministros do Consello de Europa aprobou as recomendacións a España con motivo do terceiro ciclo de seguimento do cumprimento da Carta. Mentres o documento cualificaba de "exemplar" a protección e promoción do catalán e do éuscaro por parte das administracións, no caso do galego, o comité expresaba a súa preocupación "pola redución progresiva do ensino en galego en todos os niveis e da súa estrutura de apoio". O informe criticaba con dureza a política lingüística da Xunta, ao destacar a escasa protección do galego en numerosos ámbitos e ao criticar a situación na que o criticado decreto do plurilingüismo deixa a lingua propia do país no ensino. Tamén acusaba ao Goberno galego de "non colaborar" co comité de expertos.
O informe, malia non ser vinculante, non gustou no Goberno galego, que o pasado verán sinalou no Parlamento a través da Consellaría de Educación que "é rotundamente incerto afirmar que a Xunta non colaborou co Comité de Expertos", afirmando tamén que "nese documento non existe ningunha recomendación específica relativa ao sector educativo".
Ningún comentario:
Publicar un comentario