Os próximos 15 e 16 de novembro terá
lugar en Madrid o XVII Congreso do Sindicato de Estudantes. Este
congreso ten lugar nun momento histórico, tras o éxito da folga xeral
convocada polo Sindicato de Estudantes os pasados 21, 22 e 23 de outubro
no que logramos unha vez máis baleirar as aulas para encher as rúas
contra os que pretenden rematar co dereito ao estudo para os fillos dos
traballadores. Durante o congreso debateremos sobre o balance das
mobilizacións da marea verde ata o día de hoxe e a continuación da loita
contra as políticas clasistas do PP.
Neste Congreso, ao que asistirán mozos
de todo o Estado que estiveron a organizar a mobilización nas súas
zonas, tamén debateremos sobre os acontecementos máis importantes que
sucederon nos dous últimos anos: as Marchas pola Dignidade, a tremenda
mobilización que seguiu á abdicación de Juan Carlos I, a vitoria de
diferentes loitas que lograron dobregar ao PP como a retirada da Lei do
Aborto e a dimisión de Gallardón, a anulación do TIL en Baleares,
Gamonal, a vitoria da Marea Branca, o tremendo ascenso das organizacións
da esquerda tras as últimas eleccións europeas e o dereito a decidir de
Catalunya, Euskal Herria e Galiza
Tamén teremos espazo para tratar sobre
temas tan importantes para nós como a loita pola recuperación da memoria
histórica ou sobre loitas que se converteron nunha inspiración e nun
referente de loita para miles de mozos e traballadores como a dos
traballadores de Coca Cola ou a PAH.
Se queres participar ou tes calquera dúbida, non dubides en poñerte en contacto connosco en
sindicato@sindicatodeestudiantes.net
Ningún comentario:
Publicar un comentario