A xunta de goberno local de Agolada aprobou onte a concesión de
axudas a unha decena de alumnos, cuxas familias atravesan por un difícil
momento económico, para que os mozos poidan adquirir material escolar. O
departamento de Servizos Sociais elaborou, de forma previa, un informe
sobre as familias que necesitaban este tipo de apoio económico. Por
tanto, Agolada non convocará as axudas, tal e como se fixo noutros
municipios como Lalín e Silleda, senón que expide os importes de forma
directa. A contía que se lle concederá a cada alumnos beneficiario
oscila entre os 30 e os 200 euros.
Durante a xunta de goberno
tamén se abordaron outras cuestións como obras a xustificar dentro do
Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais
(Pusim) 2014 ou a subministración de materiais para acometer o bacheo de
varias pistas de titularidade municipal. Debateuse, por último, un
informe de Intervención sobre a realización de pagos pendentes desde fai
varios exercicios e que xa prescribiron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario