Por estes motivos, entre outros, BNG e AGE non acudiron a un acto que contou cunha importante representación de empresarios e outros membros da sociedade civil, así como de deputados do PPdeG. O Bloque explicou a súa ausencia ao considerar a conmemoración "unha farsa máis" e advertir que as súas críticas van dirixidas exclusivamente á Xunta e ao Parlamento, aos que acusa de "intentar agochar detrás dos empresarios" ao tempo que "incumpren" o PXNL. De feito, a formación nacionalista enviou unha comunicación ao Foro Enrique Peinador para destacar o seu importante labor á prol de normalización do idioma.
AGE e BNG non acudiron a un acto que consideran "unha farsa" e acusa a Xunta de "intentar agocharse detrás dos empresarios"Pola súa banda, Alternativa argumentou tamén na "farsa" que supón esta celebración a súa ausencia a unha conmemoración "galerística", mentres que o PSdeG aclarou que foi un "imprevisto" o que lle impediu que un dos seus parlamentarios estivese presente, aínda que o seu sectetario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que "o futuro do galego estaba máis garantido" con Fraga que con Feijóo.
O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, criticou a ausencia da oposición tras restar importancia á de importantes membros do Executivo. "Era un acto para estar todos e creo que a sociedade galega é a que terá que valorar por que hoxe faltaba unha parte importante dos seus representantes", dixo quen defendeu que "se está a cumprir" o PXNL -malia os evidentes e masivos incumprimentos de case todos os seus puntos-, aínda que asegurou que a Administración pouco pode facer en moitos ámbitos "se non hai implicación da sociedade".
O conselleiro Vázquez presumiu de cumprimento do PXNL, pero dixo que a Xunta pouco pode facer "se non hai implicación da sociedade"Mentres, fóra, a plataforma Queremos Galego exixiu "un compromiso real e efectivo con PXNL" e acusou o Goberno galego de "montar unha farsa para celebrar os incumprimentos do Plan", o que cren que supón "unha burla", e de "covardía" por "escudarse tras o empresariado que si usa o galego malia as dificultades que impón a propia administración". O colectivo leu un manifesto no que tamén lle exixe á Xunta que poña en marcha "inmediata" as medidas do devandito Plan, "coa aprobación dun calendario que comprometa fases e prazos de execución" e que "derrogue todas as disposicións legais contrarias ao PXNL, nomeadamente do decreto 79/2010 contra o galego, e as relacionadas co ensino e coa administración".
Alonso Montero advirte da perda no uso do galego e denuncia o seu uso "litúrxico e retórico" nas institucións públicasNon foron as únicas críticas que tivo que aturar o Executivo galego no acto. O presidente da Real Academia Galega (RAG) Xesús Alonso Montero, constatou que hai avances "cualitativos grandes" na normalización lingüística, pero asegurou que ninguén sabe "se son suficientes" tras advertir que malia que o galego estea presente na escola e se mellorou no seu dominio, o seu uso non aumentou. "Abonda con ser sociolingüista de autobús", dixo.
Así, Alonso Montero centrouse no ámbito parlamentario para criticar o uso do galego como "idioma litúrxico e retórico" que non se emprega ao saír das institucións públicas, polo que instou a "dar un paso adiante" para que falar o idioma sexa "un acto de fe, de autenticidade". Mentres, o conselleiro Xesús Vázquez, reivindicou o labor feito polas empresas a prol do galego, pero recoñeceu que queda "un longo camiño por percorrer aínda".
"Competitividade e valor diferencial"
Precisamente, máis de cen empresas asinaron no acto unha declaración na que se comprometen co uso do idioma, que vinculan coa "competitividade" e cun valor "diferencial" ante o mundo, aínda que piden tanto ás universidades galegas e á Xunta que apoien as súas intencións con ferramentas e incentivos. Así, na lectura que fixo o director xeral de Itelsis, Geradrdo García, demandouse que na lei de Orzamentos se inclúan "incentivos inherentes" ao respecto ao idioma, así como o recoñecemento dos dereitos lingüísticos dos traballadores e dos consumidores.Tamén solicitaron estes empresarios que as universidades colaboresn con programas formativos que "capaciten e sensibilicen" os futuros xestores empresariais na galeguización do tecido económico, tras recoñecer a "responsabilidade social" que teñen as firmas co galego, pero que dervia "en beneficios propios e sociais". "Temos a obriga de darlle espazo e prestixio como identidade, o que nos dará un valor diferencial", insistiron.
Os empresarios reclamaron incentivos para as empresas que usen e apoien o uso do galegoAdemais, a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, reivindicou a importancia da Lei de Normalización Lingüística pero apostou por "galeguizar todos os eidos cotiás", mentres que o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González, lembrou o esforzo dun grupo de comprometidos que se embarcaron no "barco da utopía" para levar o discurso da galeguidade ao ámbito empresarial.
Xosé Turnes, de Progando, dixo ter constatado o "avance" do galego "regulado e normativo" e asegurou que, por sorte, hoxe "falar galego xa non é propio de rojos separatistas, senón moderno e sinónimo de cultura". "É rendible e un signo de distinción", rematou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario