As manifestacións contra a política educativa do Goberno sucedéronse
hoxe en diferentes cidades. Uns 1.800 estudantes, segundo a Guàrdia
Urbana, protestaron polo centro de Barcelona en contra dos recortes e o
que consideran unha "ofensiva franquista" do PP, e esixiron a dimisión
do ministro de Educación, José Ignacio Wert, e da consellera de Ensino,
Irene Rigau.
A
manifestación, que segundo os Mossos d'Esquadra se levou a cabo sen
incidentes, era o punto central da folga xeral estudantil convocada polo
Sindicato de Estudantes para onte, hoxe e mañá.
En Madrid, centos de alumnos dos ensinos públicos maniféstanse desde o
mediodía no segundo día de folga convocada polo Sindicato de Estudantes
(SE). Non á contrarreforma franquista. Bolsas si, taxas non. Wert dimisión é o lema da pancarta que abre a manifestación.
Igualmente, o SE convocou manifestacións para este mediodía en preto de
40 localidades máis. A mobilización forma parte dunha "semana de loita",
que inclúe tres xornadas de folga de alumnado (onte, hoxe e mañá) e
conta co apoio da Marea Verde, EU, CCOO, UXT e asociacións de afectados
as hipotecas, de preferentistas, Europa Laica, FLGTB, Coca Cola en Loita
e a Marea Branca, entre outras.
A subida de taxas e o plaxio, principais problemas para os profesores universitarios
O plaxio ou fraude intelectual no alumnado e profesionais
universitarios e a subida de taxas e a súa repercusión nas anulacións de
matrículas son dous dos principais temas que máis preocupan aos
defensores universitarios.
Os responsables dos dereitos e liberdades da maioría das universidades
españolas están a reunirse en Badaxoz, no XVII Encontro Estatal de
Defensores Universitarios, para abordar os temas máis importantes desta
institución.
Wert asegura que as protestas son "moi reducidas"
O ministro de Educación, José Ignacio Wert, indicou hoxe que o
seguimento da folga de estudantes dos ensinos públicos está a ser "moi
reducido", segundo a información que lle transmiten as comunidades
autónomas.
Nalgúns casos incluso é "insignificante", engadiu en declaracións á
prensa nos corredores do Congreso. Pola contra, o Sindicado de
Estudantes, promotor de folga, que comezou onte e remata mañá, cifrou o
seguimento medio nun 90%.
Ningún comentario:
Publicar un comentario