- A secretaria de Estado de Educación, Monserrat Gomendio, a tacha
de "folga política" e insiste en que "os nosos estudantes teñen un
rendemento pobre"
- Sostén que que a lei Wert "defende a escola pública"
introducindo elementos cos que pretende que teña a calidade que nestes
momentos non ten"
Presupuesto Liquidado. Datos: Ministerio Educación
Entre os convocantes non se encontran nin UGT, nin a Plataforma Estatal da Escola Pública, nin as asociacións de pais e non obstante si que están a marea branca, a marea vermella, presos do franquismo, os preferentistas ou a Plataforma de Afectados pola Hipoteca. Os convocantes nalgúns casos pouco teñen que ver co ámbito educativo, polo tanto, me parece unha folga política", subliñou Gomendio.
Así se pronunciou tras a inauguración das Xornadas sobre competencias clave na aula que se celebra na Residencia de Estudantes e que coincide co comezo do paro de 72 horas na educación.
Sobre a xustificación da convocatoria de folga -a petición de derrogación da LOMCE e a defensa da escola pública-, Gomendio asegurou que a LOMCE "defende a escola pública" introducindo elementos cos que pretenden que "a escola pública teña a calidade que nestes momentos non ten".
Entre estes elementos, destacou o desenvolvemento da FP, as avaliacións a nivel nacional ou unha maior autonomía dos centros a cambio dun sistema de rendición de contas e transparencia.
Segundo precisou, "todas as comparativas internacionais" poñen de manifesto esta falta de calidad.los estudniante "Os nosos estudantes teñen un rendemento pobre aos nove anos, ségueno tendo aos 15 anos e o grao de competencias da nosa poboación adulta tamén é moi baixo comparado co doutros países", engadiu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario