A Coruña, 16 de outubro de 2014- O Grupo Municipal
do BNG considera lamentábeis as declaracións do Sr. Negreira no acto de
inauguración do novo edificio para os alumnos de educación primaos ria
do colexio Peñarredonda, un centro do Opus Dei, privado e exclusivo para
homes. No transcurso da inauguración, na que tamén participou o
concelleiro de Urbanismo, o Sr. Negreira, nun ataque de sinceridade sen
precedentes, puxo de manifesto, en relación aos rapaces que estudan
neste centro do Opus, que “aquí están los líderes de nuestra futura
sociedad”.
As nacionalistas sinalan que as declaracións do Sr. Negreira
representan o modelo de ensino reaccionario, ultracatólico e elitista do
Partido Popular, que teima en financiar os centros que segregan por
sexo –caso do Peñarredonda e do Montespiño na nosa cidade- malia a
sentenza do TSXG que declara nulos os concertos coa Xunta de Galiza. Á
vez que o Sr. Negreira aposta por un centro de ensino privado, do Opus
Dei e só de homes, o Partido Popular, desde a a Xunta de Galiza, recorta
profesorado, suprime unidades e masifica as aulas dos centros de ensino
público, que se atopa precarizado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario