O informe analiza a evolución do mercado de traballo ata 2014 de máis de 190.000 estudantes que se licenciaron en 2009-10 en universidades públicas e privadas e con estudos presenciais e non presenciais. Segundo a análise, os titulados en Medicina, Óptica e Optometría, Ciencias Actuariais e Financeiras -grao relacionado con Estatística e Matemáticas-, Enxeñería en Automática e Electrónica Industrial e Enxeñería en Electrónica son os universitarios con maior inserción laboral e maior probabilidade de atopar emprego de todos os do Estado.
Mecina, Óptica ou as enxeñerías en electrónica son as titulacións con maior inserción laboral no EstadoNestes cinco casos, a porcentaxe de afiliación á Seguridade Social dos titulados nestas cinco materias supera o 82% a mes de marzo de 2014, chegando a case o 93% no caso de Medicina. Non ocorre o mesmo con outras moitas carreiras. As licenciaturas peor situadas para atopar traballo son Historia (que emprega o 45% dos seus alumnos), Enxeñería Técnica Naval (40%), diferentes filoloxías (entre o 39% e o 18%) e Radioelectrónica Naval, a que conta cunha peor porcentaxe de inserción laboral, cun 16,7% dos seus licenciados traballando catro anos despois de obter o título.
No caso das filoloxías, destaca Filoloxía Galega, a sétima peor carreira do conxunto do Estado para atopar traballo, con tan só un 37,8% dos seus titulados afiliados na actualidade á Seguridade Social e só superada -á marxe de Radioelectrónica Naval- polas titulacións de Filoloxía Hebrea, Románica, Eslava, Árabe e Portuguesa. Esta última é a segunda peor carreira en inserción laboral de todo o Estado, malia o evidente contacto co país veciño ou o pulo do idioma portugués noutros continentes.
Filoloxía Galega é a sétima peor carreira para atopar traballo; Filoloxía Portuguesa, a segunda peorTan só o 18,2% dos licenciados en Filoloxía Portuguesa están na actualidade afiliados á Seguridade Social, tendencia á baixa de ter en conta a evolución laboral dos titulados nos anos anteriores. Tan só un ano despois de licenciarse, o 22,7% destes titulados atopara traballo, o 27,3% aos dous anos de rematar a carreira.
Tan só o 19% dos titulados en Filoloxía Galega tiñan traballo un ano despois de licenciarse, a segunda peor cifra do EstadoTendo en conta esta evolución, os estudos de Filoloxía Galega saen aínda peor parados en canto á inserción laboral, xa que tan só o 18,9% dos titulados nesta carreira atoparan traballo un ano despois de se licenciar, unha porcentaxe que só é inferior no caso dos estudos de Filoloxía Árabe. Á escasa matriculación de alumnos que presenta a licenciatura e ao desprestixio e ataques que a lingua galega sofre desde hai anos únense agora estes preocupantes datos.
2011 | 2012 | 2013 | 2014 | |
Historia | 25,4 | 34,1 | 38,7 | 45 |
Filoloxía Alemá | 32,9 | 37,1 | 45,7 | 44,3 |
Filoloxía Italiana | 31,8 | 31,8 | 31,8 | 40,9 |
Enx. Técnico Naval | 26,7 | 36,7 | 26,7 | 40 |
Belas Artes | 23,2 | 31,2 | 33,8 | 39,8 |
Filoloxía Galega | 18,9 | 32,4 | 32,4 | 37,8 |
Filoloxía Hebrea | 27,3 | 27,3 | 27,3 | 36,4 |
Filoloxía Románica | 23,5 | 32,4 | 23,5 | 32,4 |
Filoloxía Eslava | 37,5 | 29,2 | 33,3 | 29,2 |
Filoloxía Árabe | 18,3 | 25,6 | 25,6 | 23,2 |
Filoloxía Portuguesa | 22,7 | 27,3 | 22,7 | 18,2 |
Radioelectrónica Naval | 50 | 50 | 50 | 16,7 |
Tan só unha facultade galega se sitúa entre as 70 do Estado con mellor inserción laboral: a de Enxeñería Informática en VigoAdemais, o estudo achega unha clasificación sobre as carreiras con maior inserción laboral por universidades no conxunto do Estado. Neste caso, entre as setenta con maior porcentaxe de titulados con traballo tan só se sitúa unha galega: Enxeñería Informática, na Universidade de Vigo, no posto 39º e co 90,5% dos seus titulados afiliados á Seguridade Social aos catro anos de licenciarse.
No primeiro posto deste ránking sitúase a Facultade de Enxeñería Industrial da Universidad de Cádiz, co 100%, seguida de seis centros que cursan Medicina en diferentes localidades do Estado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario