O centro vigués Hogar ameaza con sancionar a quen non acuda ás aulas, segundo informa VIGOdixital.
A dirección do centro educativo Hogar (Vigo) baralla a posibilidade de sancionar o alumnado que non asista a clase os días 21, 22 e 23, datas da folga convocada no ensino plo Sindicato de Estudantes. Afírmao VIGOdixital, que di que a denuncia provén do estudantado. “Un numeroso grupo de alumnos e alumnas fixeron entrega dun escrito á dirección do centro reclamando o seu dereito a non asistir ás aulas durante a folga”, indica este medio.Como sinala VIGOdixital, de se confirmar esta denuncia o Colexio Hogar “estaría a conculcar os dereitos do estudantado, recollidos na normativa vixente, lembrando que “a lexislación recolle expresamente que a idade para exercer o dereito a folga polo estudantado é a partir de 3º da ESO, sendo preciso unicamente autorización do pai, nai ou responsábel legal para os cursos inferiores”.
O centro, do que é titular Afundación (obra social de Abanca), está subvencionado pola Xunta, o que permite rebaixar os custes da súa matrícula de parte do seu alumnado a 15 euros mensuais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario