Entre os máis demandados está Condución de Actividades e Electromecánica.
Os ciclos formativos gañan cada ano adeptos e nas
aulas a presenza total de mozas en busca dunha saída laboral, deu paso
tamén a algún que outro licenciado, sobre todo nos ciclos superiores.
Aínda que nos institutos da zona non hai a saturación doutros nas
cidades, se hai algúns que teñen xa hai meses as listas pechadas e
incluso con lista de espera.
O tirón dos ciclos déixase ver tamén na
cantidade crecente de alumnos de fóra de Deza-Tabeirós que se desprazan
aquí. Nas aulas dos institutos de Lalín e Silleda pódense atopar
estudantes de Ribeira, Porto do Son, Caldas ou Muros sen contar cos que
chegan da zona de Palas , Melide ou Arzúa.
E o mesmo pasa no Losada Diéguez da Estrada que atrae a estudantes de distintos puntos de Galicia.
No Pintor Colmeiro de Silleda o de Condución de
actividades físico-deportivas no medio natural está pechado hai xa
tempo. O de Comercio conta con dezaoito estudantes en primeiro e o
superior de Xestión comercial e mercadotecnia con dezasete. É o número
de estudantes de primeiro, porque ao tratarse de ciclos antigos, os de
segundo atópanse fóra do centro facendo prácticas.
No Marco do Camballón de Vila de Cruces, os
estudantes do único ciclo, o de Calderería suman 32, 17 en segundo e
quince en primeiro. Iso si, todos eles mozos, porque as mulleres seguen
sen animarse.
No Losada Diéguez da Estrada, o ciclo de madeira
conta con vinte alumnos, con 48 o de Electromecánica de vehículos, 40, o
de Instalacións de telecomunicacións, 38 o de Sistemas
microinformáticos e redes, once o de Xestión Administrativa e 45 o
superior de Administración e finanzas. Os de Electromecánica e
Administración e finanzas están completos. De Pontevedra e de Santiago
reciben a estudantes que non atoparon praza nas cidades e desprázanse á
Estrada.
No Laxeiro, o de Automoción está pechado con 23
alumnos, aos que se engaden trece de Mecatrónica industrial, dezaseis de
Electricidade, doce de Xestión Administrativa e dezasete do superior de
Administración e finanzas. No Ramón María Aller de Lalín, o ciclo medio
de Sistemas microinformáticos e redes e 35 no superior de
Desenvolvemento de aplicacións webs. Ao repunte dos ciclos engádese o
dos ensinos de adultos, que cada vez conta tamén cun maior número de
estudantes cun perfil moi variado. Lonxe quedan as clases integradas por
repetidores de hai anos. Agora é frecuente ver traballadores que
volven ás aulas para incrementar a súa formación e persoas en paro que
aproveitan para seguir estudando xunto a licenciados, amas de casa e
estranxeiros que buscan unha convalidación ou un título de cara a buscar
un emprego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario