A tarde do xoves tiveron lugar as manifestacións unitarias de estudantes, nais
e pais e profesores convocados en diferentes cidades polo Sindicato de
Estudantes, CCOO e a Marea Verde. Estas manifestacións foron o colofón
aos tres días de folga estudantil convocada polo Sindicato de Estudantes
que paralizou completamente a educación. En Madrid, 70.000 persoas
volveron encher as rúas do centro da cidade en contra do intento do PP
de destruír a educación pública. Noutras cidades as manifestacións tamén
foron masivas, con 10.000 en Valencia e miles nas principais cidades de
toda Andalucía e Galiza.
A folga e as manifestacións destes tres
días demostran que existe a forza, as ganas e a decisión para continuar
a loita ata lograr a retirada da LOMCE, de todos os ataques á educación
pública e a dimisión do ministro Wert.
Dende o Sindicato de
estudantes reiteramos nosa proposta a CCOO, UGT, STE, CIG, ELA, LAB e a
CEAPA de continuar a loita cunha nova folga xeneral de toda a comunidade
educativa para botar a Wert e frear os ataques á escola pública.
Ningún comentario:
Publicar un comentario