As asociacións de pais e nais do alumnado están a organizar xuntanzas itinerantes para coñecer a realidade das distintas zonas de Galiza e preparar actuacións en defensa do ensino público.
A Confederación de Asociacións de Nais e Pais (Anpas) galegas, que reúne á maioría de federacións de Anpas do país, realizou este sábado en Vigo outra das súas reunións itinerantes, logo de as ter realizado xa en Lugo e Costa da Morte, e ao marxe das xuntanzas ordinarias na súa sede den Compostela, segundo informou esta entidade nun comunicado de imprensa.As Anpas galegas convocan estas xuntanza “dunha duración e intensidade superiores ao habitual”, co obxectivo de “afondar na organización dunha estrutura aínda moi nova pero que cada vez ten unha maior presenza no eido educativo galego”. Tamén buscan coas mesmas “achegar á directiva da confederación as diferentes realidades que se presentan na nosa xeografía”.
Solicitan unha maior atención por parte da Xunta nunhas reunións extraordinarias que xa pasaron por Lugo e a Costa da MorteA faceta reivindicativa tamén estará sobre a mesa. As Anpas galegas aproveitarán esta xornada “para definir as súas próximas campañas de actuación a prol da mellora do sistema educativo, e para reivindicar unha maior atención ao Ensino Público Galego por parte da administración da Xunta”
Ningún comentario:
Publicar un comentario