Por primeira vez na historia, o galego xa non é o idioma habitual da maioría da poboación de Galiza. Como chegamos aquí e, sobre todo, que facer para saírmos de aquí?
Por primeira vez na historia de Galiza desde o século IX, o galego non é o idioma habitual da maioría dos seus habitantes. Menos do 50% dos e das galegas ten o galego como lingua cotiá, segundo os dados debullados polo Instituto Galego de Estatística do censo de vivendas e poboación do INE. Non é un informe exhaustivo nin un macroestudio como os da Real Academía Galega cos seus mapas en 1994 ou 2004. Bótanse en falla desgloses por idades, información sobre comprensión lectora no idioma... mais todos coinciden que amosa unha tendencia (queda de falantes habituais en galego) sobre a que desde hai anos advirten colectivos e entidades que traballan a prol do idioma.As persoas que falan sempre en galego caeron en 13 puntos entre 2011-2011, pasando do 57 % daquela ao 44% actualAs persoas que falan sempre en galego caeron en 13 puntos entre 2011-2011, pasando do 57 % daquela ao 44% actual. Aumenta o grupo que afirma falar a lingua propia de Galiza "ás veces" (do 30 ao 45%) e os monolingües en español sitúanse no 11%, 2 pontos menos que hai unha década. A Xunta xa mostrou a súa satisfación por estes dados e aproveitou para recuperar as loas ao 'bilingüismo harmónico' fraguiano. Desde o heteroxéneo e amplo abano de defensores do galego a interpretación é ben outra: o idioma váisenos aos poucos das mans e das bocas. Mais cómpre non caer en derrotismos e traballar, porque a situación é reversíbel.
"Baño de realidade"
"Sendo realistas, a situación é grave", di Nel Vidal, presidente da Coordenadora de Traballadores/as pola Normalización Lingüística (CTNL), que incide sobre todo na situación do idioma na mocidade: "O futuro está na xente de 10, 20 anos e aí a presenza do galego é moi, moi baixa" manifesta a Sermos Galiza. Para Sechu Sende, profesor e escritor que ten tratado nas súas obras (Made in Galiza, por exemplo) a situación social da lingua; os datos "non son unha novidade, é o resultado esperábel dunha traxectoria".
A tamén escritora e profesora Mercedes Queixas pide tomar "con cautela" uns datos que non proveñen dun estudo ou análise exhaustivo. Mais considera que sin un "baño de realidade que dan e tiran a razón aos que queren evitar a substitución lingüística do galego e aos que non valoran a realidade".
Para o heteroxéneo e amplo abano de defensores do galego, cómpre non caer en derrotismos e traballar, porque a situación é reversíbel.Prudencia é o que pide tamén Henrique Monteagudo, secretario da Real Academia Galega (RAG), mais que a valoración que fai a Sermos Galiza é "a título persoal". Monteagudo considera que "é prematuro extraer conclusións" dos datos do IGE e considera que non se debe caer en "interpretacións catastrofistas. Eu sería cauteloso".
A reportaxe completa tela no Sermos Galiza nº119, así como as opinións de Pilar García Negro, Marcos Maceira e MIguel Penas, e o cartograma de Calidonia Hibernia
Ningún comentario:
Publicar un comentario