A folga xeral estudantil do 21, 22 e 23
de outubro é xa un éxito sen paliativos. Contra vento e marea,
superando os insultos e descualificacións de Wert e da súa secretaria de
Estado Montserrat Gomendio, superando a represión dalgunhas
consellerías de educación e de direccións vinculadas ao PP, superando o
escepticismo e a pasividade dos que miran cara a outro lado e crúzanse
de brazos, hoxe o movemento estudantil ha dado unha lección de
dignidade. A folga de tres días é apoiada nos institutos de secundaria
por máis do 90% na maioría dos territorios e en numerosas facultades é
completamente maioritaria: ¡Máis de dous millóns de estudantes
baleiramos as aulas, e máis de 100.000 enchemos as rúas!
Foron manifestacións cheas de entusiasmo
e confianza. Preto de 40.000 en Madrid, máis de 20.000 en Barcelona e
miles en Tarragona e no resto de Catalunya. En Euskal Herria foi
impresionante: preto de 15.000 en Bilbo, máis de 3.000 en Donosti e máis
de 4.000 en Gasteiz…En Andalucía máis de 10.000 entre Sevilla e Málaga,
e miles máis en todas as capitais e localidades andaluzas. En Asturias,
onde o paro foi tremendo, miles entre Oviedo e Xixón, igual que nas
capitais de Galiza e do País Valencià onde foron miles e miles de
mozos…En Estremadura, en Canarias, en Baleares, en Murcia, en Rioxa, en
Castela León e Castela-A Mancha, a folga foi secundada maioritariamente e
celebráronse manifestacións e concentracións numerosas. Agora, a loita
continúa para a xornada de mañá xoves, con asembleas de valoración,
concentracións e manifestacións xunto ás nosas nais, pais e profesores. A
todos eles volvemos agradecer o apoio que nos deron nesta folga.
Desde o Sindicato de Estudantes dicimos
alto e claro: volveremos ás rúas ata obrigar a Wert a retirar a súa
contrarreforma franquista e a súa axenda privatizadora da educación
pública, e ata que dimita dunha vez. E témolo que facer todos xuntos:
estudantes, nais, pais e profesores. Por iso, non pode haber máis
escusas, máis queixumes. As direccións dos sindicatos de profesores e a
dirección da CEAPA deben escoitar o clamor das súas bases e dos
estudantes: FOLGA XERAL DA COMUNIDADE EDUCATIVA XA
Ningún comentario:
Publicar un comentario