mércores, 9 de marzo de 2011

Presentouse o Dicionario de Bioloxía


O martes día 1 de marzo presentouse oficialmente o Dicionario de Bioloxía, editado polo Termigal (Servizo de Terminoloxía Galega). A presentación tivo lugar na Facultade de Bioloxía de Santiago de Compostela, e participaron nela o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela (USC), F. Javier Garbayo; a decana da Facultade de Bioloxía, María Luz González; o coordinador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e director do Termigal, Manuel González González; o catedrático da Facultade de Bioloxía Jaime Gómez; e un dos redactores da obra, o alumno da Facultade de Bioloxía David Villar.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Facultade de Bioloxía da USC impulsaron a realización desta obra, que inclúe, ademais, as equivalencias dos termos en castelán e inglés. O dicionario foi coordinado por Jaime Gómez, Ana María Viñas e Manuel González, e redactado por David Villar e Luís Vale, alumnos da Facultade de Bioloxía da USC.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1738

Ningún comentario:

Publicar un comentario