O
Colexio Profesional de Enxeñaría
Técnica en Informática de Galicia vén de informar que as
persoas que teñan título universitario de Grao en Enxeñaría
Informática xa poden colexiarse no CPETIG, en virtude dos novos
estatutos do colexio, acordados pola asemblea xeral da entidade
profesional celebrada en novembro do pasado ano e publicados no DOG o
10 de abril. “Deste xeito”, sinala a plataforma que preside
Marcos Mata, “fica ampliado o abano de profesionais colexiábeis,
que ata o de agora reducíase aos titulados en Enxeñaría Técnica
en Informática”. Asemade, poden colexiarse as persoas en posesión
de títulos universitarios homologados con algún dos dous
devanditos.
Segundo
nos informa a entidade galega, os estatutos do CPETIG tamén permiten
darse de alta como “precolexiadas” ás persoas que estean a
cursar estudos de Informática, con dereito ao emprego dos servizos
básicos e optativos do colexio, así como ás actividades que
organice”. A “precolexiación”, sinala o colexio, é de balde.
O CPETIG tamén lembra que está activo o Plan Colégate 2014-2015,
creado para incrementar a integración dos nosos profesionais na
entidade e intensificar así a defensa dos intereses profesionais
“con substanciais vantaxes”, recorda o colexio, “como por
exemplo un desconto do 25% da cota anual para os colexiados por cada
colega que recomenden e un desconto do 50% da cota anual para a
persoa recomendada”. Sinalar por último que os
estatutos atópanse en liña nun documento en PDF achegado polo
CPETIG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario