Todos os criterios que se teñen en conta sintetízanse nun único valor chamado IDSL (Índice de Difusión do Software Libre), que acada o seu máximo (100 sobre 100 puntos) na Universidade de Granada, que cumpre á perfección con todos os elementos analizados. Seguen a Universidad de Las Palmas (65,8%) e a Universidad de La Laguna (62,25%). As galegas sitúanse algo máis atrás, con 46.02 puntos para a UDC, 34.45 para a USC e 29.25 para a Uvigo. En todo caso, moi por riba da media fixada para toda España: 14,3%. Iso si, tanto A Coruña como Compostela perden algo de puntuación con respecto ao ranking dos últimos anos.
As tres universidades galegas ocupan postos moi altos entre os 76 centros analizados, situándose tanto A Coruña (6ª), coma Santiago (8ª) coma Vigo (10ª) entre as dez primeirasAs universidades galegas acadan os seus mellores resultados en Colaboración externa, un ámbito no que a UDC se sitúa en cuarta posición, a USC na sexta e a Uvigo na oitava. E tamén en Cultura en software libre (relacionado coa normativa e a actividade dunha oficina para o seu fomento), apartado na que a UDC é quinta, a USC sexta e a Uvigo sétima. Tamén en administración (orzamento dedicado a software libre e dedicado a licenzas) e en divulgación (xornadas e congresos específicos), as tres universidades do país están no top ten. Ademais, a Universidade da Coruña tamén se atopa entre as dez primeiras en investigación (sexta) e docencia (quinta).
2012 | 2013 | 2014 | 2015 | |
---|---|---|---|---|
UDC | 25.80% (17ª) | 60.63% (3ª) | 49.03% (4ª) | 46.02% (6ª) |
USC | 21.52% (22ª) | 47.09% (6ª) | 37.54% (8ª) | 34.45% (8ª) |
Uvigo | 25.81% (16ª) | 31.99% (9ª) | 26.89% (10ª) | 29.25% (10ª) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario