Rexeitou unha iniciativa presentada polo Bloque na que instaban a incorporar á reforma do Poder Xudicial o "dominio oral e escrito" da lingua propia como requisito para as funcións xurisdicionais.
Esta sexta feira (17 de abril) o Partido Popular rexeitou incorporar como rquisito para exercer funcións xurisdicionais en Galiza o "cominio oral e escrito" da lingua propia.O grupo que apoia o goberno da Xunta opúxose a unha iniciativa parlamentar presentada pola deputada do BNG, Ana Pontón, na que visaban icorporar este punto á reforma do Poder Xudicial á fin de equiparar o estatus do que gozan neste sector da administración o galego e o castelán. Porén, o voceiro do PP, Agustín Baamonde xustificou a oposición do seu partido asegurando que debían ser respectadas as opcións individuais das persoas usuarias da xustiza e tamén d@s profesionais da xudicatura.
Porén, Pontón retrucou preguntando ao deputado popular por que que cando no Estado se esixe o coñecemento do español é “un acto de liberdade” mais se na Galiza se esixe o coñecemento do galego para o Partido popular, “é unha atrocidade”.
Carlos Varela: "Pode acreditarse que o dereito do cidadán a recibir servizo na súa lingua de elección non está actualmente garantido"Só o 5% das sentenzas en galego
A Xustiza continúa a ser un dos sectores da administración onde os índices de uso do galego é menor. No número 139 do semanario en papel, Sermos Galiza analizaba a realidade lingüística da xudicatura co gallo do 30 aniversario da primeira sentenza en galego.
No noso país só o 5% das resolucións se escriben na lingua de noso convertendo a súa presenza en practicamente testemuñal. Neste senso, Carlos Varela, ex-Fiscal Superior de Galiza e membro da Irmandade Xurídica Galega, ten recoñecido sen ambaxes que "a situación do galego neste eido é aínda precaria e pode acreditarse que o dereito do cidadán a recibir servizo na súa lingua de elección non está actualmente garantido".
“Vostedes defenden a imposición do castelán e van en contra do Plan de Normalización lingüística”, recriminou a parlamentar do BNG perante a negativa do PP a que, pola vía legal, se garantan os dereitos lingüísticos do pobo galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario