Galiza mellor sen touradas denuncia que se suprimiron axudas para a escolarización, mentres que se incrementaron as subvencións para os espectáculos taurinos.
Máis touros e menos educación. Iso, cando menos, parece que lle gusta ao Concello de Padrón se
se teñen en conta as subvencións destinadas a cada un destas cuestións.
E é que a asociación Galiza mellor sen touradas denunciou que o goberno
popular desta localidade suprimiu as axudas á escolarización, por 4.000 euros, mentres que mantivo as subvencións ás corridas de touros, de 12.100 euros.
A través dun comunicado, os antitaurinos lamentaron que as axudas á escolarización se destinaban ás familias con dificultades
e demandaron "unha política de cero subvenciones para eventos
taurinos". A plataforma denuncia que coa subvención das corridas
poderíanse orzamentar tres anos de axudas para a escolarización de
familias con dificultades monetarias.
Ademais, criticou que, a diferencia da educación que é un servizo
público, os espectáculos taurinos "non espertan interese algún na
cidadanía", polo que "reta" aos organizadores a realizalo sen o apoio da
corporación local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario