martes, 14 de abril de 2015

Os estudos galegos tamén se profesionalizan en Brasil

Universidade Federal dá Baía organiza o I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos.

Galicia tamén está presente nas universidades de Brasil. Por iso, e para destacar este feito, a Universidade Federal da Baía (UFBA) celebra desde este luns 13 até este mércores 15 de abril o I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos (I EBEG).
 
O obxectivo deste encontro é tripre. Por unha banda, conmemorar o 20º aniversario do Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas (Celga); por outra, homenaxear á súa fundadora, Rosario Súarez Albán e, finalmente, intensificar o diálogo intelectual entre investigadores brasileiros e estranxeiros.
 
 A homenaxeada, Rosario Suárez Albán, filla de emigrantes galegos radicados en Baía e docente xubilada do Departamento de Letras Vernáculas da Universidade Federal da Baía, "dedicou toda a súa traxectoria académica a Galicia, á súa lingua, á súa literatura e á súa cultura".
 
 "Foi unha gran difusora da investigación sobre diversos aspectos relacionados con Galicia, terra dos seus antepasados, o que se deixa ver nos numerosos traballos que realizou nesta liña", agregou o Consello da Cultura Galega nun comunicado. Precisamente, a vicepresidenta desta institución Rosario Álvarez,  será a encargada de representar ao goberno autonómico neste evento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario