martes, 28 de abril de 2015

A CIG concéntrase este martes 28 no Parlamento contra a Lei de Emprego Público

Nin é unha "Lei de emprego público Galego", nin recolle aspectos que para a nosa central sindical son básicos para recuperar os servizos públicos, o emprego público ou os dereitos sociais e laborais das e dos empregados públicos.

A CIG-Ensino xunto coas federacións que constitúen a Área Pública da CIG convocan unha concentración diante do Parlamento Galego este 28 de abril ás 12 horas con motivo da votación do texto definitivo da Lei de Emprego Público Galego. A concentración ten como fin amosar publicamente, unha vez máis, o rexeitamento a totalidade de esa Lei, rexeitamento xa manifestado nos diferentes momentos de tramitación que tivo a referida Lei. De feito xa temos demandado, por escrito e en sucesivas xuntanzas coa administración, a súa retirada porque nin é unha "Lei de emprego público Galego", nin recolle aspectos que para a nosa central sindical son básicos para recuperar os servizos públicos, o emprego público ou os dereitos sociais e laborais das e dos empregados públicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario