O STEG asegura que a campaña de boicot á reválida "non é ilegalidade ningunha": "Intentamos facer menos mala a aplicación da Lomce"Así o aclara o STEG, que explica que a nova lei educativa aprobada polo PP "en contra de toda a comunidade estatal" contempla, entre outras moitas medidas "perniciosas", a realización de "avaliacións diagnósticas externas" que terían que comezar neste presente curso en 3º de Primaria. O sindicato di "opoñerse" a estas probas porque "entran en contradicción coa avaliación continua, porque someten a un estrés innecesario a alumnado de 8 anos de idade e porque cos resultados destas probas tense previsto establecer ránkings que servirán a posteriori para determinar que centros deben levar máis recursos, rompendo os principios de equidade e igualdade de oportunidades".
O sindicato lembra que se pretenden listas de centros "bos, regulares e malos" segundo as reválidas e que estas listaxes servirán logo para destinar "máis e mellores recursos a uns e privar deses recursos a outros, rompendo a equidade e a igualdade de oportunidades". Ademais, a partir do curso 2015-16 estas reválidas limitarán tamén "as opcións de continuación de estudos en niveis superiores para o alumnado que obteña malos resultados nelas". "Condenarán desde 3º de Primaria a unha parate non pequena do alumnado ao fracaso escolar e á exclusión", asegura.
Durante este curso, esas probas só terán carácter orientativo, polo que "non realizalas non acarreará consecuencias legais nin académicas". Ante esta situación, o STEG pide aos claustros e consellos escolares que se "pronuncien masivamente" contra a realización destas reválidas e solicita ás nais e pais do alumnado que non os leven ao centro educativo ese día para "amosar o desacordo coa devandita proba e reivindicar a súa eliminación". É a súa maneira de "esquivar ou eludir" a proba.
O STEG reúnese coas anpas galegas para informar de como "esquivar o eludir" a reválida que impón a Lomce en 3º de PrimariaTal e como lembra Bruzos, ademais, a finais deste ano haberá eleccións xerais no Estado "e todo parece indicar que o PP non revalidará a maioría absoluta". "Non sei se terá moito sentido seguir adiante coa aplicación dunha lei que non parece que teña moito futuro", asegura, tras aclarar que o STEG xa comezou a rolda de contactos con diversas anpas galegas e que a acollida respecto da súa campaña "está sendo boa".
"Non leves a túa filla/o ese día ao centro", resume o lema da campaña, que intenta escenificar o rexeitamento a unha das medidas máis controvertidas dunha Lomce que foi fortemente contestada xa polo alumnado e o profesorado durante varias manifestacións, folgas e actos reivindicativos. A idea xorde froito dunha serie de medidas elaboradas pola confederación sindical estatal na que se inclúe o STEG e que fixo unha guía para evitar a aplicación da Lomce.
A Xunta pretende que sexan os docentes quen corrixan os exames, o que iría contra a propia Lomce, que impón unha "avaliación externa"A iniciativa implica os pais, pero tamén os profesores, que nalgún caso advirten xa de avisos da Consellería de Educación que irían en contra da normativa que explicita a Lomce. Segundo fontes ás que accedeu Praza, a Xunta avisa xa de que o control nestes primeiros exames de proba, así como a súa corrección, correría a cargo dos propios docentes, polo que xa non sería unha "avaliación externa", como di a lei, ao tempo que se cargaría de máis traballado ao profesorado. Ante esta situación, é moi probable que o boicot non veña só das familias que se unan á campaña, senón de moitos profesores que aludan mesmo á ilegalidade da proposta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario