martes, 21 de abril de 2015

Twitter abre a posibilidade de recibir mensaxes directas de calquera usuario

Aínda que Twitter é unha plataforma de comunicación social principalmente asimétrica, na que pode seguirse a outros usuarios publicamente sen reprocidade de ningún tipo, para as comunicacións privadas era preciso que as persoas que intercambiasen mensaxes se seguisen respectivamente, principalmente como unha medida para protexer a intimidade e evitar o spam, pero agora están a mudar o xeito de mandar mensaxes directas, de xeito que na sección de configuración será posible activar a posibilidade de recibir mensaxes privadas de calquera.
Estamos ante unha opción que nun principio non interesará a usuarios particulares, pero pode resultar de grande interese para empresas e entidades, que teñen así unha nova canle de comunicación privada, máis áxil que o correo electrónico e cunha grande proximidade, que agora resultará moito máis doada de xestionar, xa que as marcas non precisarán de seguir aos seus usuarios para que estes poidan mandarlles mensaxes directas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario