Os pais estiman que as súas reivindicacións, formuladas fai máis de cinco anos, non serán atendidas -Este colexio da parroquia lalinense pasa o centenar de alumnos.
Para a ANPA a situación de abandono das dependencias do colexio fai que sexa un "centro fantasma". Detectan ata 11 deficiencias, entre as que destacan a necesidade de pintar o exterior do inmoble "e sobre todo o interior", atallar os problemas coas humidades, reparar azulexos dos corredores para evitar cortes a algún dos 107 alumnos actualmente matriculados, arranxar tres aseos do edificio principal e outro baño do local anexo de Infantil, acondicionar a carballeira ou repor asentos do pavillón. Tamén se entende como prioritario o reforzo do peche perimetral "por inseguridade", construír unha nova cuberta que comunique o edificio principal co pavillón ou acondicionar o parque infantil.
Desde a ANPA non pon en cuestión o investimento de 60.000 euros que asegura a Xunta acometeuse nos últimos anos, pero si pide á Educación que aclare en que se empregaron eses fondos. "Mentres vemos que noutros colexios de Lalín prevense inxeccións económicas extra, nós sentímonos ignorados", recalca López. Finalmente os pais fanse eco dunha comunicación do alcalde, José Crespo, no seu perfil de Facebook "onde dá por resoltos os problemas do centro con levantar un muro que caese por completo, substituíndo un cinco metros de peche oxidado e roto e regalándonos un tobogán".
Ningún comentario:
Publicar un comentario