luns, 20 de abril de 2015

Un novo xeito de facer televisión

Logo dun ano de emisións, desde Irmandade TV propuxémonos un ambicioso salto. Levamos meses de intenso traballo para poder presentar, neste mes de abril de 2015, unha nova televisión. Estamos a traballar, polo tanto, nunha televisión galega e en galego; que aposta pola democratización da palabra e da información e radicalmente participativa e plural.
Irmandade TV naceu coa arela de achegar ao pobo galego contidos de lecer e informativos de proximidade, contados desde perspectivas alternativas e contrahexemónicas.
Irmandade TV comezará as súas emisións habituais xusto despois da emisión dun maratón televisivo e radiofónico de 12 horas onde a única protagonista será a lingua galega. Logo, comezaremos con emisións diarias (inicialmente desde as 21:00h ata as 0:00h) de luns a venres e contaremos cunha programación completa e diversificada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario