A CTNL insta a todas as organizacións políticas a incluíren no seu
programa para as eleccións municipais de 2015, cando menos, o seguinte
punto relativo á política lingüística desde o concello, e complementario
a outras propostas que se poidan ter para a normalización da lingua
galega:
Poñer en valor a lingua propia e fomentar o seu uso e
prestixio en todas as accións do concello e en todos os ámbitos e
sectores do municipio, para o que se creará (ou potenciará e
consolidará, de ser o caso) un servizo de normalización lingüística
(SNL) estable (ben propio, ben compartido con outros concellos, no caso
de concellos pequenos), dotado de recursos humanos e partida
orzamentaria suficiente, e que planificará, xestionará e executará as
accións e medidas axeitadas para o fomento do uso e prestixio do galego
en todos os ámbitos sociais.
Máis información no web da CTNL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario