Un mestre galego cobra case 400 euros menos que un mestre do País Vasco. Unhas diferencias que veñen dadas, sobre todo, polos complementos retributivos diferentes entre autonomías.
Os docentes galegos son os peor pagados de todo o Estado. E, iso, a
pesar de que o presidente da Xunta e o seu goberno insisten unha e outra
vez en suliñar os esforzos que fan para manter uns dos “mellores”
servizos públicos de España.
Segundo un estudo comparativo da Federación de Ensino de UXT que recolle as retribucións dos mestres, do profesorado técnico de Formación Profesional (FP) e de Secundaria deste curso, os mestres de Galicia cobran 1.971,62 euros,
os de FP, 2.081,19 e os de secundaria, 2.231,26 euros. Un soldo que é
case 400 veces inferior ao que cobran os seus colegas do País Vasco.
O informe destaca grandes diferenzas ao estudar o soldo base e complementos xerais como
destino, unhas variacións que aumentan se se ten en conta a antigüidade
ou outros complementos. Así, no soldo base máis complemento de destino e
complemento específico, que deberían ter a mesma contía, obsérvanse
variables diferentes, de forma que a contía total a percibir polo
docente é menor por mes en Galicia e Aragón fronte aos maiores soldos
que se dan en Euskadi e Cantabria.
Así, mentres que o salario bruto mensual dos mestres de Galicia, Aragón
e Cataluña é de 1.971,62 euros; 1.981,65 euros e 1.990,99 euros,
respectivamente, os de País Vasco, Cantabria e Castela-a Mancha son de
2.335,83 euros; 2.156,86 euros e 2.143,91 euros, respectivamente.
Diferenzas similares atópanse nas retribucións do corpo de profesores
técnicos de FP e de Secundaria. O informe tamén apunta que o salario
docente mellórase con outros complementos retributivos como
os relacionados coa antigüidade (trienios e sexenios), o desempeño de
postos de carácter singular, tutorías, coordinacións, compensatoria,
departamentos ou itinerancias. “É nesas contías onde se observan maiores
diferenzas dunha comunidade a outra e, ademais, non en todas son
recoñecidas", sinala.
Por iso, UXT critica a perda de poder adquisitivo ocasionada polos “recortes e a conxelación continuada que
en materia salarial veñen sufrindo os docentes desde o 2010" e reclamou
ás administracións "unha aposta decidido para valorar e retribuir o
traballo docente recoñecendo o seu papel no desenvolvemento educativo
territorial".
Ningún comentario:
Publicar un comentario