350 preguntas tipo test para conseguir o título de secundaria e bacharelato
Dende que o Partido Popular chegou ao
goberno hai case 4 anos os ataques á educación pública, orquestrados
polo ministro Wert, estiveron na punta de lanza do goberno. Ao longo
destes anos, tanto o ministro Wert coma o seu número dous, a
multimillonaria señora Gomendio, destinaron cada segundo á fronte do
ministerio a devolver a educación pública á época franquista.
A contrarreforma franquista de Wert devólvenos ás aulas dos anos 50
Unha das primeiras medidas deste nostálxico do franquismo foi a LOMCE, a nova lei educativa que supón un salto atrás no tempo sen precedentes. Esta lei veu acompañando o recorte de 7.000 millóns de euros ao ensino público, o despedimento de máis de 32.000 profesores nos nosos colexios e institutos, a imposición da materia de relixión, etc. Non obstante a principal característica da LOMCE é a segregación dos estudantes a través das reválidas, probas externas ao final de cada ciclo recuperadas directamente da ditadura franquista.

O pesadelo das reválidas: 350 preguntas tipo test para poder conseguir o título de ESO e Bacharelato.
Nas últimas semanas puidemos coñecer como serán estas reválidas, que segundo o proxecto do ministerio constarán de 350 preguntas tipo test divididas en 3 áreas: un primeiro área con 200 preguntas de todas as materias troncais, un segundo área con 100 preguntas de dúas materias optativas elixidas entre as troncais e un terceiro área con 50 preguntas sobre unha materia específica.
Estas reválidas faranse en 6º de primaria, 4º da ESO e 2º de Bacharelato, e exceptuando a primeira, nas outras dúas será necesario sacar polo menos un 5 sobre 10 para conseguir o título de secundaria e bacharelato respectivamente, independentemente de ter todo o curso aprobado. No caso da reválida de 4º da ESO, esta terá un peso do 30% da nota, mentres que á de 2º de Bacharelato lle corresponderá un 40% (como a actual selectividade). Pretenden que despois de aprobar todas as materias teñamos que volver examinarnos. Esta reválida o que busca precisamente é converter os estudos nunha carreira de obstáculos, segregando os estudantes por motivos económicos. Na situación actual, coa redución de profesores e con 40 alumnos en clase, calquera estudante que sexa fillo dunha familia adiñeirada, non terá ningún problema en pagar academias ou profesores particulares ante calquera dificultade para aprobar a reválida, en cambio, se es fillo dunha familia traballadora que non pode facer fronte a estes custos as túas posibilidades de superar a reválida redúcense considerablemente. O que pretenden dende o Ministerio de Educación é utilizar estes exames para expulsar centos de miles de estudantes do sistema educativo pola vía rápida e ademais sen cualificación, para poder explotarnos ao seu gusto no mercado laboral. A educación non se mellora con exames senón investindo recursos que readmitan aos nosos profesores despedidos, que reduzan o número de alumnos por aula, que aumenten os desdobres e a atención a alumnos con máis dificultades! Así si se podería mellorar a calidade educativa! O problema é que as súas intencións non son esas senón liquidar a educación pública por completo e deixar na cuneta os estudantes que provimos de familias traballadoras.
Preguntas tipo test para poder seguir despedindo profesores e pechar definitivamente a universidade para os fillos dos traballadores.
Ao ministro Wert e ao goberno do Partido Popular non lles importa a educación dos miles de estudantes de todo o estado. O exame tipo test non mide os coñecementos dos estudantes, todo o contrario, unicamente ten en conta datos específicos e unha única resposta final que non valora o procedemento nin o coñecemento xeral da materia. O ministro Wert sábeo, pero non lle importa que os nosos profesores se vexan obrigados a ensinarnos a facer exames en vez da materia correspondente, nin que os estudantes non aprendamos absolutamente nada máis que a memorizar como robots.
Os obxectivos do ministro e do goberno do PP con esta medida son claros: seguir privatizando a educación pública despedindo polo camiño centos de profesores da administración pública e substituíndoos por profesores do sector privado e máquinas que corrixan os exames e impoñer aínda máis trabas e filtros ao acceso dos fillos dos traballadores á universidade para que só os ricos poidan estudar.
Dende o Sindicato de Estudantes chamamos unha vez máis aos sindicatos de clase do profesorado e ás organizacións de nais e pais para organizar unha resposta contundente para parar este novo ataque. Como demostra a loita dos traballadores de Coca-Cola, a través dunha loita contundente pódese gañar e mandar dunha vez por todas a Wert e todas as políticas contra a educación pública o recolledor de lixo da historia

Ningún comentario:
Publicar un comentario