mércores, 22 de abril de 2015

As chamadas a través de WhatsApp comezan a chegar ao iPhone

Os usuarios de iPhone están a recibir dende hoxe unha actualización da aplicación de WhatsApp Messenger que finalmente inclúe a posibilidade de realizar chamadas de voz a través de redes de datos, ou sexa, que permite facer chamadas fóra do plan de chamadas do operador móbil (o que nalgún caso podería supor cargos polo uso de datos móbiles), funcionalidade que xa leva un tempo funcionado en smartphones con Android, e que agora avanza de xeito significativo ao abrirse a iOS.
Cómpre lembrar que a actualización da aplicación non supón a activación automática da nova funcionalidade, senón que haberá que agardar a que WhatsApp active a cada usuario a posibilidade de realizar chamadas, o que comezou a facer de xeito progresivo, pero que podería tardar semanas en chegar a todos os usuarios desta aplicación de correo instantáneo que tamén recibe melloras como permitir editar contactos directamente dende WhatsApp e enviar varios vídeos á vez (permitindo recortar e xirar os vídeos antes de mandalos).

Ningún comentario:

Publicar un comentario