venres, 17 de abril de 2015

Son Goku, Naruto, Arale, Seiya e moitos máis personaxes de animación daranse cita nun único xogo de loita

Dende BANDAI NAMCO queren achegar a Europa xogos que en non poucas ocasións limitaban a súa distribución ao mercado xaponés, como J-Stars Victory Versus+, un título de loita con personaxes sacados do manga e o anime que poderían considerase demasiado nipóns, pero que finalmente pesaron dabondo como para que decidisen que o 26 de xuño vaia chegar a Occidente en versións para PS4, PS3 e PS Vita.
Este título permite mesturar en intensos combates a personaxes de series tan coñecidas como As Bolas Máxicas, Naruto, One Piece, Bleach, Jojo’s Bizarre Adventure, Kenshin, Los Caballeros del Zodíaco, El Puño de la Estrella del Norte, O Dr. Slump e Arale e moitos outros, no que moitos afeccionados da cultura audiovisual xaponesa considerarán un soño feito realidade.
Para que poidamos facernos unha boa idea do que ofrecerá este título veñen de publicar un novo trailer do mesmo: https://youtu.be/2snCr5nm39E

Ningún comentario:

Publicar un comentario