Este 25 de febreiro
temos unha cita no Centro Demostrador TIC de Santiago cos recursos
máis avanzados dos que dispoñemos para promovernos, amosar
experiencia e coñecemento e obter as mellores e meirandes ofertas
profesionais. Falamos do seminario Marca
Persoal e identidade dixital, incidencia sobre o emprego, que
se vai desenvolver de 17.00 a 20.00 horas. O programa da xornada
abrangue temas como os conceptos de marca persoal e identidade
dixital, o papel do correo electrónico, as ferramentas existentes
para o posicionamento profesional na rede ou a estratexia de employer
branding (fidelización de
capital humano).
Segundo informa o
CDTIC, trátase “dun programa de interese se consideramos o valor
diferencial do coñecemento e do talento no actual escenario dixital
e global, no que as persoas deben amosar o seu saber facer no
desenvolvemento profesional e as empresas e organizacións deben
resultar atractivas para atraer e reter o talento”.
Este seminario está
destinado sobre todo a profesionais de RRHH e, en xeral, a todas as
persoas que consideren que o talento e o saber facer resultan clave
na actividade profesional persoal ou na actividade da súa
organización. O encargado de impartir a sesión será Xosé Alberte
Cea, profesional que exerce como orientador laboral e que conta con
experiencia como titor, formador, relator, promotor de actos de
networking e impulsor de proxectos de emprendemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario